Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 118 Coñecido tamén como O Muíño do Matías (ou de Matías). Está na marxe esquerda do río de Eifonso, uns metros abaixo do Muíño da Portela, en terras de Beade. Baixando todo recto polo camiño da Cova (Mourelle), atopámolo fronte ás leiras do Cu da Viña. Podemos chegar a el cruzando o río pola pontella que hai nos Pereiros, aínda que o ca- miño de acceso baixa pola Gándara de Beade. Uns trescentos metros máis abaixo, na mesma banda esquerda do río (parroquia de Beade), temos os muíños de Dornelas e Acevedo, en estado de ruína, que nos quedan a medio camiño antes de chegar ao seguinte muíño de Bembri- ve que será O Muíño do Outeiro. Novelos O termo novelo é un diminutivo plural de novo. O sufixo – elo (lat. – ellu ) indica que o topónimo é antigo, posiblemente anterior ao século xii , xa que no xiii era – iño a forma empregada para crear novos dimi- nutivos. Debe proceder dun antigo topónimo Campos Novelos, Eidos Novelos ou algún semellante, onde se perdeu o substantivo inicial. Novelos é o núcleo de vivendas e algunha leira que se distribúen ao longo da rúa do mesmo nome, dende o seu comezo ata A Fonte de Novelos, onde se entende que xa comeza Mandín. Considérase, en xeral, que é un dos lugares que pertencen ao Mosteiro. No Catastro de Ensenada aparece xa o topónimo Novelos, o que confirma a súa orixe anterior ao século xviii . Era nome, en xeral, de leiras e contaba tan só con dúas vivendas, fronte ás doce que había en Mandín. O Camiño de Novelos sobe do Mosteiro e xira á man dereita, cara ao leste, para ir unirse á rúa de Mandín á altura da Reitoral. Se entramos nel dende Mandín, atópase a fonte a uns douscentos metros á man esquerda, por debaixo do nivel da estrada. Oeste, Lugar do Punto cardinal por onde se pon o sol, o poñente. Préstamo relati- vamente recente, do francés ouest , procedente, á súa vez, do inglés antigo west . Nas escrituras aparece como Lugar do Oeste (sen artigo, forma es- traña na fala) o coñecido a día de hoxe como O Lugar da Grande,

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==