Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 10 ta máis coñecido. Recollemos os que dan nome a barrios e lugares, a terras (leiras, coutadas e poulos) e os que nomean distintos elementos da paisaxe e o patrimonio como presas, fontes, camiños etc., así como as formas compostas en que aparezan. Baixo cada un dos topónimos aparecerá unha descrición o máis exacta posible da súa localización, de acordo co espírito de facer deste libro unha ferramenta para explo- rar e coñecer a parroquia, a modo dunha particular guía de viaxes. De todos os xeitos, e a non ser que exista un accidente xeográfico de certa entidade, como un rego, que impón unha clara delimitación, os límites dos topónimos adoitan estar hoxe bastante difusos. Ademais, non podemos esquecer que sobre un mesmo lugar existen, poderiamos dicir, diferentes capas toponímicas. Teremos en primeiro lugar o nome da leira, coutada, ou fragmento de terreo onde nos atopemos, ademais do nome do conxunto de terras ao que pertence, do lugar, do barrio etc. No caso de que existan formas alternativas do topónimo, tamén as mencionamos, aínda que se traten noutro epígrafe do libro. Para rematar, logo da localización, poderemos atopar referencias á antigüidade do topónimo na parroquia, á súa aparición en certos docu- mentos, ou á existencia de lendas, ditos ou calquera tipo de informa- ción que puidésemos ter recollida en relación con el. En todo caso, na parte final do libro dispomos dun índice de topó- nimos que nos permitirá buscar dun xeito rápido o que nos resulte de especial interese entre o total de máis de mil topónimos recollidos 1 . Son os nomes correspondentes aos barrios e lugares da parroquia 2 , aos montes e ríos, pero tamén os microtopónimos que nomean realidades moito máis pequenas, como conxuntos de leiras ou leiras individuais, coutadas, poulos, camiños, presas, lavadoiros e fontes ou mesmo casas. En canto ás fontes empregadas, no traballo de recollida da toponi- mia de Bembrive utilizamos as seguintes fontes documentais escritas: 1 Dicimos recollidos e non existentes, posto que é evidente que aínda que se tentou que esta obra fose o máis exhaustiva posible, existen moitos máis microtopónimos na parroquia que non chegamos a rexistrar. 2 As parroquias estrutúranse en barrios que á súa vez se subdividen en lugares. Esta división tradicional, porén, tense perdido en beneficio da organización en base ás rúas. Deste xeito, practicamente ninguén lembra a extensión exacta de cada barrio nin os lugares que abranguía e nin tan siquera está clara xa en moitos casas esta categoría.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==