Toponimia do Val do Fragoso
117 A Terra que deixaremos á man dereita. Teremos á esquerda Os Campos de Esparramán, á dereita O Cabazo, e no fondo o pozo e as coutadas do Gancho. No Catastro de Ensenada figura o topónimo Gancho da Cou- tada , propiedade de «Apelonia do Pazo», veciña de Xestoso. O Pozo do Gancho é unha pequena presa, máis ben pozo, como o seu nome indica, polo reducido das súas dimensións, que se atopa uns noventa metros máis adiante da Presa de Esparramán, por riba dos campos do Cabazo. Antigamente había unhas pedras a onde se ía lavar, e era, para as veciñas que o coñecían, un lavadoiro moi apreciado, xa que a auga saía quente en inverno. Empregábase ademais como pozo de reserva da Presa de Esparramán, de xeito que cando estaba chea se tapaba e se mandaba a auga para o Gancho. É coñecido tamén como O Pochanco da Lagoa posto que se atopa por debaixo dos terreos así nomeados. Manguelas, As Diminutivo de manga , procedente do latín manica ‘ manga ’ , derivado á súa vez de manu ‘man’. Os topónimos Manguela adoitan nomear bra- zos de terra ou propiedades estreitas e longas. Son un conxunto de veigas estreitas e alongadas aos pés das que discorre o río de Eifonso. Atópanse entre o camiño que baixa á Fonte da Sanxegueira e, aproximadamente, o Muíño do Carriza. Un valado natural marca, na súa cabeceira, a estrema polo leste. Na fala realíza- se como Mankelas , fenómeno habitual nas zonas de gheada cando o – g que aparece tras un – n , se transforma en – k . Recollemos sempre o topónimo en plural. Ocupan a marxe dereita da pequena chaira fluvial que o río debuxou neste lugar e que, pola marxe esquerda, se estende un chisco máis cara ao noroeste, ata o meandro que atopamos xusto antes de chegar ao camiño da Carballeira. Nesta marxe esquerda, que pertence xa a Beade, os terreos toman o nome da Barxiña, que delata a súa natureza. Novo, O Muíño Do latín novu . É un adxectivo empregado para indicar que aquilo ou a quen se lle aplica ten menos tempo ou idade que outro elemento tomado como referencia.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==