Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 116 Franxa, A Non sabemos se é o substantivo común franxa ‘lista, tira, banda lon- ga e estreita’, paralelo do castelán franja e tomadas do francés frange , que en última instancia deriva do verbo latino frangere . Pero o galego tamén ten na toponimia as formas Franxa , Franxo (este último tamén é apelido, coa forma «Franjo»), que non parecen ter relación co substan- tivo franxa (pero quizais tamén remontan ao latín frangere ). Coutadas situadas por riba da capela do San Cibrán, á altura das Crebadas. Tal como nos dicía unha informante: «(temos) dun lado as Crebadas e doutro as Franxas». Polo feito de ser varias coutadas baixo o mesmo topónimo adóitase empregar, como vemos nesta cita, o nome en plural As Franxas. No Catastro de Ensenada aparece sempre (agás nunha das sete pro- piedades rexistradas) o singular A Franxa , ao igual que no Libro de afa- negados . Este último documento trae ademais ata os nosos días unha gran cantidade de topónimos que se atopaban dentro da Franxa pero que xa non existen, ou non fomos quen de recoller, na actualidade: «coutada grande na franxa», «debesa en la franxa», «a devesa nova en la franxa», «campo grande en la franxa», «el abeleiral en la franxa», «souto vello en la franxa ou «rega da franxa». Resulta curioso tamén que topónimos como A Penirosa e Piñeirós, a día de hoxe entendi- dos como identificadores de localizacións independentes, se entendían daquela integrados na Franxa, polo que, nomeaban unha grande ex- tensión: «pinal de Peneirosa o Piñeirós en la franxa», «Piñeirós en la franxa», aínda que no Catastro de Ensenada , cen anos antes, figuraban como independentes. Gancho, O Refírese, posiblemente, á presenza dalgún gancho ‘instrumento de metal ou madeira rematado en curva por un ou polos dous extremos’ nesa zona, ou á forma do terreo no momento en que se nomeou así, hai máis de 250 anos, pois xa aparece en Ensenada . As coutadas están ao redor do Pozo do Gancho, pódese chegar a elas continuando polo camiño de Esparramán, unha vez pasada a pre- sa, ou ben subindo polo camiño do Pazo, tomando na bifurcación o ramal da esquerda e entrando polo sendeiro pegado ao peche da casa

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==