Toponimia do Val do Fragoso

115 A Terra Esquinas, As Na lingua común esquina é a ‘parte saínte ou entrante que forman dúas liñas ou superficies que se cortan’, polo que na toponimia fará referencia a un terreo que destaque por ter esta forma. Do gótico skina . No Outeiro, subindo pola rúa da Cruz atopamos á man dereita en fronte do Lavadouro da Fame O Camiño das Esquinas que dá acceso ás Esquinas, campos que nos quedan á man dereita logo de pasar a única casa que hai na entrada, e que bordea por debaixo As Cerdeiras. Malia que in situ pode que non resulte tan evidente, sobre fotografía aérea apréciase claramente a forma case triangular (tres esquinas) deste polígono de terras. Xusto por debaixo da Presa da Bouzafría, está O Cocho das Tres Esquinas (A Bouzafría), pequeno terreo (como o nome de cocho xa in- dica) de forma triangular. Topónimo totalmente transparente. Fanada, A Fanada dise da persoa que perdeu un membro, polo que en sentido figurado podería aplicarse o termo a unha propiedade á que se lle qui- tou unha parte, polo que tería un significado equivalente ao de cache- no . Tamén poderiamos estar ante o uso de Fanada como alcume, e que A Fanada fose ‘A do Fanado’ ou ‘A da Fanada’. Núcleo de leiras, cun grupo de vivendas ao sur e ao leste, encla- vadas entre a antiga reitoral, a subida a Miraflores e as rúas Soaxeira e Mandín. É un topónimo que aparece xa no Catastro de Ensenada (1752), aínda que nunha única ocasión, como propiedade de Gabriel de Castro. Preto dun século despois a súa presenza supera a ducia de entradas no Libro de afanegados (1846), o que se puido deber ás di- visións da propiedade dos Castro. Non obstante, polo menos un dos casos refírese a unha propiedade situada noutra localización que na actualidade xa non atopamos: «a Fanada en la Chan». O Camiño da Fanada é o camiño de pés que parte da intersección entre a subida a Miraflores e o camiño da Soaxeira, fronte ao camiño do Cocho do Muíño. Dá servizo ás leiras da Fanada, morrendo na propiedade que estrema na esquina suroeste coa antiga reitoral.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==