Toponimia do Val do Fragoso

T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 114 Cantón, O Derivado de canto ‘extremidade, lado’ ou ‘punta, esquina, saínte anguloso’ que procede do latín cantus ‘lamia; lámina de metal nunha roda’ que Corominas (1980–1992, vol. I: 52) considera voz de orixe estranxeira no latín, quizais céltica. Nas cidades, o cantón é o lugar onde se reúnen as persoas para pasear, falar etc. Adoita ser unha beirarrúa ancha e resgardada por casas, situada nun punto céntrico ( DdD ). Cantón é tamén un apelido, aínda que de escasa presenza tanto en Vigo, onde só é compartido por unha ducia de persoas, como en xeral en toda Galicia (170). Nas escrituras figura con este nome o terreo onde se atopan cons- truídas as dúas últimas casas da marxe dereita do camiño do Toutizo, en Baruxáns. Pero non o principal, senón o ramal cego perpendicular a el e situado uns metros por debaixo da rotonda do Toutizo, á man esquerda, que discorre case paralelo á estrada de Bembrive. Ao sur e ao oeste O Cantón foi cortado polo trazado da avenida de Madrid. Non atopamos o topónimo no Catastro de Ensenada pero si no Libro de afa- negados , como terreo de labradío. No San Cibrán, Os Cantóns eran os campos situados na parte alta entre A Cachada e Os Cercados. Cordón, O Un cordón é unha ‘corda delgada, de material fino’ polo que, por similitude, o topónimo Cordón se pode empregar para designar unha leira longa e estreita, aínda que podería facer referencia tamén á pre- senza dun cordón de viña (unha ringleira de vides fronte a outra, unidas cun emparrado). Cordón é un derivado de corda , voz patrimonial de orixe latina ( chorda ), que en latín era un préstamo do grego. No Outeiro, subindo pola rúa da Cruz, ao pasar a entrada para o Camiño da Ribeira e a casa que fai esquina con el, temos un sendeiro á man esquerda. Entrando por el, a uns escasos vinte metros, poderemos observar á man dereita unha viña estreita e longa que non nos custará recoñecer como O Cordón.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==