Toponimia do Val do Fragoso

111 A Terra trasladouse a fonte á localización actual, pero parece ser que se fixo mesturando os dous mananciais, de tal forma que a auga xa non é apta para o consumo. Houbo tamén un lavadoiro neste lugar, primeiro a carón da fonte vella e logo a carón da nova, pero cando se trasladou definitivamente a fonte á localización actual para anchear a estrada, eliminouse. Pola parte traseira da edificación situada na Fonte do Ca- cheno, pasa O Rego do Cacheno que desemboca no río de Eifonso, e toma no seu último tramo o nome de O Rego da Raposa. Augas arriba parece proceder do rego que baixa pola banda norte das Trigueiras, en- tre estas e os Troncales, malia que un veciño nos dicía que antigamente viña de moito máis arriba, do Meixoeiro.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==