Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 110 A Verdella (sempre en singular) aparece cando menos en tres oca- sións no Catastro de Ensenada , unha delas como «Campo da Verdella». No Libro de afanegados atopámolo escrito con b– e, nalgúns casos, coa dobre denominación «eifonso o berdella», polo que temos a segurida- de de que se refiren ao mesmo lugar. A forma , o tamaño , a situación , a antigüidade Cacheno, O Un cacheno é unha ‘parte pequena de algo que partiu ou se dividiu’. É un derivado de cacho , do latín cascu ‘fragmento’. Lugar do barrio de Baruxáns que ten como núcleo central o cruceiro de finais do século xviii coñecido como O Cristo do Cacheno , situado no cruzamento da Rúa do Cacheno coa da Xesteira. O Cristo do Ca- cheno é, segundo a opinión de Xosé Couñago, un dos cruceiros máis monumentais e fermosos que temos en Vigo. Segundo a súa descrición, a plataforma consta de tres chanzos de forma cadrada, cun pedestal cúbico coa metade inferior cadrada e a metade superior en forma de escocia. Nesta concavidade, ao longo das catro caras, está a inscrición que nos indica a data e a persoa que o mandou construír: « mando faz / er frco ano / frs patiño / año d 1782 ». A columna é redonda e lisa, orna- mentada cunha enorme serpe que se entrelaza verticalmente abrazán- doa enteiramente. Asociada a este cruceiro hai unha lenda que recollemos no anexo ii . O Cacheno era considerado xa lugar de habitación, en concreto do veciño Henrique de Figueroa, a mediados do século xviii . Difícil de localizar a simple vista é A Fonte do Cacheno , xa que se atopa na rotonda do Cacheno, pero por debaixo do nivel da estrada, ao oeste do cruceiro. Para acceder a ela hai que baixar preto dunha ducia de chanzos. É unha fonte de dous canos e ten un pousadoiro á man de- reita por riba deles, como os que se adoitan ver a carón das portas dos muíños. Orixinalmente, a fonte estaba situada diante do muro da casa de pedra que está detrás do cruceiro (a que atopamos de fronte cando vimos de Moledo) e tiña o manancial que a alimentaba na entrada, cara a Rial. Posteriormente fíxose unha nova fonte xunto ao cruceiro, alimentada, fundamentalmente, con auga da fonte vella. Finalmente,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==