Toponimia do Val do Fragoso

109 A Terra A cor Verde, O Poulo O adxectivo verde procede do latín viride e ten unha gran presenza na toponimia galega. Pode facer referencia á cor, pero tamén ao estado da vexetación. Trátase dun terreo do monte comunal situado por debaixo da estrada das Plantas, fronte ao portal de entrada ao Círculo Mercantil. Atópase, polo tanto, entre A Estrada, ao norte, e A Lagoa, ao sur. No informe de Eduardo Cabello do ano 1914 (–> Mananciais de Vividouros) atopamos a seguinte referencia: «Arqueta nº16, donde se reúnen todas las aguas procedentes de los manatiales o minas de «campo verde», entran 1.64 l/s». É moi probable que o «campo verde» que cita se corresponda co coñecido como O Poulo Verde. Semella que pode ser un topónimo relativamente recente, posto que non figura citado en ningunha ocasión (nin como Campo Verde nin como Poulo Verde ) no Catastro de Ensenada nin tampouco no Libro de afanegados . Verdellas, As Do diminutivo latino viridicula . A verdella é unha variedade de uva branca (Carré Alvarellos, L.: 1926–1931, en DdD , s.v.) e tamén unha clase de mazá tardía e verdosa. Descoñecemos se a orixe do topóni- mo se debe á presenza destes cultivos (non é raro, por exemplo, que algunhas viñas se denominasen pola variedade de uva cultivada), ou simplemente é unha alusión á cor da vexetación que cubría o lugar. Baixando polos Pelames, xusto antes de chegar á curva onde se cru- za o río do Outeiro, o conxunto de leiras longas, paralelas entre si, que vemos de fronte e cara á esquerda, situadas ao outro lado da estrada, aos pés de Quintán, son As Verdellas . Para cada unha das leiras em- prégase o topónimo en singular, por exemplo: A Verdella da Farruca 36 , pero para referirse ao conxunto faise uso sempre na fala do plural, fe- nómeno que xa temos explicado. 36 Farruca é o feminino de Farruco, hipocorístico de Francisco anterior a outros como Fran, Chisco, Franco, Paco ou Quico que apareceron xa no século xx.

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==