Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 108 rodea por poñente e polo sur, na curva que describe antes de entrar no Carballal. A Fonte Seca, no San Cibrán, son os terreos de monte que se atopan pola parte de arriba do Ripanso, en dirección nordeste. Divídense en A Fonte Seca de Abaixo , contra o Ripanso, e A Fonte Seca de Arriba , que chega a testar coa Chan da Cruz. Á Fonte Seca levaba o gando a xente do San Cibrán, fundamentalmente as nenas e nenos, pola tardiña, para non ter que desprazarse máis lonxe. Uns cento vinte metros máis adiante do Lavadouro do San Cibrán, dirixíndonos cara á capela, ato- paremos unha casa antiga de pedra á man dereita e xusto fronte a ela, á man esquerda, a entrada ao Camiño da Fonte Seca entre árbores, que sobe por riba dos Cercados ata A Fonte Seca e remata na actualidade no regueiro que baixa polo Ripanso para ir xuntarse no Soeido co río da Capela e ir formando así o que será o río de Eifonso. Na parte alta da Fonte Seca, por debaixo do quitamedos que temos á man dereita na pista das Valadiñas uns metros antes de cruzar a autoestrada, estaba A Presa da Fonte Seca , que se alimentaba, parece ser, da mina que está un pouco máis arriba, ao outro lado da pista. En todo caso, leva moitos anos abandonada, posto que unha veciña de case noventa anos de ida- de xa non a coñeceu en funcionamento. No Nomenclátor de Galicia rexístranse cinco lugares chamados A Fonte Seca ou (A) Fonteseca. No caso de Bembrive, a aparente contra- dición entre os termos que compoñen o nome ( fonte vs . seca ) explícase polo feito de que no lugar así nomeado nacía moita auga, pero máis que nada no inverno, estando máis seco no verán. A auga que baixaba da Fonte Seca é a que alimentaba A Presa do Ripanso de Abaixo, así como O Lavadouro do San Cibrán. Non aparece este topónimo no Ca- tastro de Ensenada nin tampouco no Libro de afanegados . Se nos diriximos á Chan pola rúa chamada subida a Chans , xusto despois de pasar o cruzamento co camiño do Xalón (á man esquerda) e A Regada (de fronte), atopamos que o camiño describe unha pronun- ciada curva. Se tomamos a entrada que, case escondida, parte dela á man esquerda, A Terra Seca son os campos que nos quedarán entrando á dereita.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==