Toponimia do Val do Fragoso

L i m i a r 9 ( O Mosteiro ) etc. E temos tamén os que derivan do nome, apelido ou alcuño dunha persoa, como Xeme , Recaré ou, aquí si, Eifonso . Á súa vez, dentro de cada un dos apartados, atoparemos subdivisións que aparecen explicadas en cada caso. Esta ordenación ten certas aplicacións, unha delas a que nos permite apreciar, nunha rápida ollada, cales son elementos que tiveron maior potencial xerador de topónimos na parroquia. Porén, non podemos es- quecer que as clasificacións sempre están sometidas a certo grao de subxectividade e son só unha das diferentes posibilidades que se puide- ron ter escollido. Ademais, existen topónimos que se poderían incorpo- rar a máis dun apartado, segundo o criterio que optemos por empregar. Dentro de cada sección, os topónimos ordénanse alfabeticamente seguindo a mesma estrutura dos outros volumes da colección. No caso dos topónimos compostos fixarémonos no modificador para ordenalos, polo que, por exemplo, O Cocho Regueiro aparecerá baixo a epígrafe Regueiro , a non ser que o modificador non teña suficiente entidade per se , caso en que optamos por dar máis peso ao primeiro elemento, como ocorre con Xestoso de Arriba , que incluiremos baixo a entrada Xestoso . Para cada topónimo ofrécese en primeiro lugar o significado (de non especificarse o contrario, será o proporcionado polo Dicionario da Real Academia Galega ) e unha breve explicación do seu étimo de orixe. Os topónimos galegos pertencen na súa maioría ao estrato latino-romance, pero existe tamén unha certa contribución do substrato prelatino, que se pon de relevo dun xeito especialmente salientable nos topónimos que fan referencia a elementos moi destacados na paisaxe como mon- tes, cursos de auga etc., e do superestrato xermánico (suevo e visigodo). Neste caso trátase basicamente de topónimos procedentes de nomes de posuidores, como Reiriz ou Rorigo . Os topónimos con raíz no árabe ou noutras linguas son moito máis escasos. Os étimos aparecerán escritos en versaletas (maiúsculas do tamaño das minúsculas) e precedidos dun asterisco cando haxa dúbidas sobre a súa forma. Como convención, nesta obra os étimos do latín son citados coa forma do acusativo sen o - m final. A continuación da explicación etimolóxica amósanse todos os to- pónimos que na parroquia comparten a mesma forma e dos cales pro- porcionaremos unha referencia que nos permita comezar a situarnos. Pode ser o nome do barrio ou lugar ao que pertence, ou simplemente o do conxunto de leiras, monte etc. en que está integrado e que resul-

RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==