Toponimia do Val do Fragoso
107 A Terra posto que o que coñecemos como Camiño da Fame non leva en reali- dade á Fame senón ás Pedrás, que é o lugar ao que pertencen as viven- das ás que dá acceso. A casa situada no alto, fronte ao O Lavadouro da Fame ( esquina entre a rúa da Cruz e o camiño da Fame), é a que nas súas escrituras reza situada na Fame. Por diante mencionado lavadoiro localízase A Fonte da Fame que dá á rúa da Cruz, mentres que detrás del temos A Presa da Fame, pequena presa terreña que atopamos semi- cuberta pola vexetación. No Catastro de Ensenada hai xa cinco propiedades con este nome, que aparece en todos os casos, menos un, precedido do artigo. Fría, A Do latín frigida . Aplicado a un terreo, posiblemente se trate dun lu- gar especialmente frío debido á súa mala orientación. Cando se aplica ás augas, a motivación do seu uso é completamente transparente. Son varias coutadas situadas na Fraga, por riba da Casa das Augas, cara a Beade. Nelas hai unha mina de auga que carece de nome coñe- cido. O Campo da Fonte Fría (A Fraga) quizais podería corresponder co topónimo «Bouza Fría en la Fraga» que aparece no Libro de afa- negados , onde se perdeu co tempo o primeiro compoñente. En todo caso, non é máis que unha simple especulación. Por debaixo da Fraga, en dirección a Beade pasa O Camiño da Fonte Fría (A Fraga), camiño antigo, de mala fama porque se dicía que nel había espíritos e se vían luces de noite. Seca, A Do latín sicca , seca é un adxectivo que expresa falta de humidade. Na zona do Carballal, entrando dende As Cunchadas pola rúa da Senra, a escasos cen metros do cruzamento co camiño do Pereiro, A Seca é o terreo con forma de cuña que temos á man dereita. Na Chan o campo situado xusto por riba do Lavadouro da Candea, tamén recibe este nome. A uns cen metros da Pousa, subindo polo camiño do Cocho ou su- bida ao Carballal, A Seca (O Outeiro) é o campo grande que queda encaixado, á man esquerda, entre o desvío do camiño que sae cara ao nordeste e vai rematar por riba da Raíña e o camiño principal, que o
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==