Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 106 cou a apertura do camiño, unha escavación feita para a extracción de barro e xabre, de aí a dobre denominación deste lugar, que é coñecido tamén como A Barreira da Pascua . Barreira é unha voz derivada de barro , termo prerromano (Corominas, 1980–1992, vol. I: 528) que indi- caría que nos atopamos ante un terreo rico en arxila. Corresponde, polo tanto, ao corte feito no extremo leste do monte do Castro para facer pa- sar o camiño do Pouso, que se aproveitou para esta actividade extrac- tiva. O modificador do topónimo refírese á antiga posuidora do terreo (na segunda metade do século xx ), alcumada A Pascua polos grandes sombreiros que portaba, de confección propia e adornados con flores todo ao redor, que segundo algunhas informantes parecían un roscón de Pascua. A Pascua era coñecida non só en Bembrive, senón ata no centro de Vigo, e por suposto tamén na veciña parroquia de Sárdoma, onde se emprega a expresión «parecer unha Pascua» para referirse a unha persoa que leva sombreiros estrafalarios. OUTRAS CARACTERÍSTICAS DO MEDIO Ademais de sobre a morfoloxía do terreo ou a constitución do solo, os topónimos pódennos informar tamén sobre a forma dun terreo en particular, o seu tamaño, a calidade, as cores que dominan, ou mesmo se dende el podemos ter boas vistas. Todos estes topónimos, que fan referencia a outras características do medio que non sexan orografía ou a xeomorfoloxía, son os que agrupamos neste apartado. A calidade Fame, A Púidoselle aplicar este nome a un lugar pouco produtivo ou peque- no, como ocorre nos chamados Famelga (do latín famelica ), ou ben por que abundaban nel as chamadas herbas da fame , nome aplicado a diferentes especies de herbáceas que non son aproveitadas para o uso humano. Lugar do barrio do Outeiro situado na man dereita da rúa da Cruz, a uns cen metros do seu comezo, fronte ao Camiño da Fame . É este un dos casos en que os rótulos dos camiños nos poden levar a engano,
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==