Toponimia do Val do Fragoso
105 A Terra A Fonte do Seixo (Bouzafría) é o terreo de monte que queda por debaixo da do Salado, entre o camiño da Bouzafría e a costa das Cun- chadas, ao redor do rego, onde antigamente había unha fonte. No Ca- tastro de Ensenada aparece «A Fonte do Seijo» e «Fuente de Seijo» en afanegados , propiedades en ambos casos pertencentes a veciños da Bouzafría polo que cabe pensar que coinciden coa mesma Fonte do Seixo actual. En afanegados figura ademais a referencia a unha propie- dade da que se di «amieiral en el derribazo (?) de la Fuente do Seijo» e un «salgueiral da Fonte do Seixo», este último «rodeado de regatos y monte común», o que o podería situar na parte alta do rego da Fonte do Seixo. Estas dúas últimas referencias infórmannos ademais do tipo de vexetación existente daquela no lugar, salgueiros e amieiros, es- pecies propias de lugares húmidos. O tramo do actualmente rotulado como Camiño da Bouzafría que vai dende Os Carboeiros ata o Lugar das Caravillas, documentámolo como O Camiño da Fonte do Seixo (Cerdeiró–Bouzafría). Esta denominación parece ser moi local, xa que o topónimo é descoñecido para algunha veciña de avanzada idade do San Cibrán que lembra como para referirse a este camiño dicían sim- plemente «vou pola Parrovella para abaixo». Situada na marxe dereita do camiño da Bouzafría, está A Presa da Fonte do Seixo, baixando do San Cibrán, uns cen metros máis abaixo do desvío que enlaza co camiño das Cunchadas e acaba saíndo á rúa da Chan. Aínda que este é o nome que emprega a veciñanza máis próxima para denominala, é tamén coñecida como A Presa da Parrovella de Arriba. Nesta presa des- emboca O Rego da Fonte do Seixo, orixinariamente formado por dous regatos que xorden por debaixo da costa das Cunchadas, uns trinta metros antes de chegar ao cruzamento co camiño da Bouzafría. Xabreira da Pascua, A (Xestoso) É o lugar de onde se extrae o xabre ‘terra areosa que se forma pola descomposición do granito e que é moi empregada na construción’. O vocábulo xabre orixinouse pola palatalización do s – de sabre , proce- dente do latín sabulu , que tiña o significado de ‘area’. O termo arena empregábase no latín unicamente para nomear o escenario do circo. Subindo polo camiño do Pouso, a uns douscentos cincuenta metros do Lavadouro da Regada, entre as dúas primeiras curvas pronunciadas do trazado, observamos á man esquerda, no noiro ou noiro que provo-
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==