Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 104 que descoñecemos a localización, e outra como «o penedo o a ganda- riña» que o sitúa polo tanto na Gandariña, correspondente á parte alta da actual rúa Paz Pardo e deste xeito, ao norte do colexio Montecaste- lo, estremando con Seiróns e A Cardadeira, da Parrocha, localización coincidente coa proporcionada hoxe en día por unha informante. Seixal, O / Seixiños A partir de Seixo (–> Seixo Branco, O) créase o abundancial Seixal e o diminutivo Seixiños, habituais na toponimia galega. Entrando pola costa da Peteta dende A Ponte de Moledo, logo de pasar a entrada para a Fonte da Sidra, O Seixal ou Seixiños (a denomi- nación varía segundo o informante) é o terreo coa última casa que nos queda en fronte, á man dereita (cara a poñente). Seixo Branco, O O termo seixo procede do latín saxu ‘rocha, pedra’. Como apelativo, continúa sendo un termo usual, co significado de ‘pedra dura de pe- queno tamaño, que a erosión tornou lisa e arredondada’, ou ben ‘tipo de rocha xeralmente branca e moi dura’ posto que adquiriu tamén a función específica de designar a pedra de cuarzo. Se seguimos o nacemento do río de Eifonso augas abaixo, unha vez cruzamos a pista da Fraga, O Seixo Branco (O San Cibrán) é a zona que nos queda a medio camiño antes de chegar ao punto onde a pista das Valadiñas describe o seu xiro de 180º. De feito, podemos chegar tamén ao Seixo Branco dun xeito máis cómodo, dende un dos ramais que en dirección sueste parten da devandita curva da pista. Malia que hai un veciño con coutadas na zona que nos daba conta da presenza dunha pedra grande de seixo branco, desaparecida uns anos atrás, ou- tra veciña de similar idade non recordaba ningunha pedra singular na zona. O que si continúa existindo é unha gran cantidade de pequenos seixos brancos dispersos no chan desta ladeira que pertence á cunca alta do río de Eifonso. Aquí atópase un dos mananciais aproveitados pola comunidade de augas do San Cibrán. O topónimo O Seixo Blanco non aparece no Catastro de Ensenada , pero si no Libro de afanegados , que rexistra ademais a forma «Seijo Blanco».
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==