Toponimia do Val do Fragoso
103 A Terra Hai dous núcleos no estremo noroccidental da parroquia onde ato- pamos este topónimo, na estrema con Lavadores. Primeiramente, co- rrespondería o topónimo O Penedo aos terreos situados por riba da Devesa, na franxa da parroquia de Bembrive que queda entre as de Sárdoma e Lavadores. Nel estarían situados os chalés construídos por debaixo do campo de fútbol do colexio Montecastelo e o conxunto de leiras que os seguen cara ao sur, ata a curva do camiño que sobe dende a estrada de Bembrive, no Lameiro. Por outra banda, atopamos novamente este topónimo uns cinco- centos metros cara ao leste, no Castelo, aplicado aproximadamente á zona entre o colexio Las Acacias e o hospital do Meixoeiro, e de aí estenderíase, ladeira abaixo, cara a Lavadores. De feito, Sestay (2010: 140) recolle na toponimia de Lavadores O Penedo do Estripeiro , que correspondería á ladeira que hai en Naia, case no alto do Meixoeiro. Porén, hai entre as nosas informantes quen sitúa O Penedo tamén en Lavadores, pero na zona da Gandariña. Existe, polo tanto, a posibilida- de de que o topónimo se aplicase a toda esta gran franxa que corres- ponde á aba occidental do monte do Areeiro, como así é entendido por unha das nosas informantes, que considera como O Penedo «do Montecastelo ata A Parrocha, e os de abaixo tamén. Todo era pedra». Ou que simplemente esa evidente presenza da pedra, nalgúns casos penedos de grandes dimensións, como O Penedo de Seiróns, O Pene- do do Demo, ou outros aínda lembrados nos seus relatos por veciños e veciñas, aínda que sen darlle un nome de seu, levase á aparición do mesmo topónimo en diferentes puntos da zona. Cos topónimos O Penedo , O Penedo de Arriba , O Penedo do Casti- ñeiro (A do Cea) desígnanse as terras situadas dentro do Lugar do Cea, en Xestoso. Saíndo do Muíño do Rorigo cara ao norte, temos a uns pou- cos metros á man esquerda unha entrada que nos leva á casa construí- da no Penedo de Arriba. Anexo ao lugar da casa, cara a poñente, está O Penedo do Castiñeiro, onde houbo un grande exemplar de Castena sativa , lembrado aínda polos propietarios máis novos do lugar; e por debaixo, cara ao noroeste, O Penedo, actualmente plantado de viña, pero onde no pasado se cultivou liño. Este nome aparece nas escrituras do terreo. O Penedo é, en todo caso, un topónimo recente, xa que non aparece no Catastro de Ensenada e só en dúas ocasións no Libro de afanegados ; unha como «tojal do penedo», propiedade dun veciño de Baruxáns, do
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==