Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 102 sempre sen artigo apunta á hipótese de que procede dun alcume ou, máis probablemente, dun apelido. Penedo do Ouro, O Malia que a orixe do primeiro termo do topónimo está clara (–> Penedo ) o segundo resulta máis complicado. Pode que faga referencia ao ouro (lat. auru ), pero sen máis información descoñecemos a motiva- ción, ou se ten outra orixe. O Penedo do Ouro ou O Moxón do Ouro (O Areeiro), como tamén é chamado, aínda que moxón non é máis que a adaptación fonética do castelán mojón , pois en galego esperaríase mollón , é descrito por persoas de certa idade como un gran penedo cunhas vetas brancas que se atopaba na zona que actualmente ocupa a residencia de maiores de Bembrive, en concreto na altura da rotonda anterior. Hai quen lembra como alí ían buscar de rapaces o chum- bo dos cartuchos disparados na prácticas polos soldados da polvoreira para vendelo. Porén hai quen coñece como O Penedo do Ouro unha grande anta duns dous metros de alto que se atopa dentro das instalacións do IES Carlos Casares (Instituto do Meixoeiro), no extremo sur do seu peche do perímetro. Este penedo marcaba a estrema coas veciñas parroquias de Cabral e Lavadores (actualmente situada na rotonda antedita) e, de feito, aparece nomeado xa no Catastro de Ensenada da primeira pa- rroquia cando se dá conta dos seus límites: «y a la Fuente Obscura de la qual demarcando con santa Cristina prosigue al Moxón da Cova do Ouro y de este partiendo con santiago de Bembrive al marco nombra- do Coto de Zerdeira y limitando con San Martin de Tameiga...». Polo tanto, a forma antiga do topónimo era «A Cova do Ouro». Este tipo de topónimos en que se fai referencia ao ouro adoitan estar relacionados con xacementos arqueolóxicos e as lendas asociadas a eles de tesouros e mouros ou mouras que os custodiaban. Podería darse tamén aquí o caso, posto que estamos moi preto do Castro do Areeiro. Penedo, O Derivado do latín pinna mediante o sufixo etu > – edo , propio dos colectivos. En orixe penedo sería, polo tanto, un colectivo de penas, pero pasou a aplicarse a unha pena grande.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==