Toponimia do Val do Fragoso
101 A Terra en As Penises por relaxación da vogal final 35 . Nalgúns casos emprégase a forma con preposición mais o artigo, polo que escoitaremos tanto As Pedras Penisas como As Pedras das Penisas (e o mesmo coa forma Penises ). Son un grupo de tres ou catro penedos de grandes dimensións que se atopan no estremo norte do terreo coñecido como As Quiringostas, no Paso. Podemos observalas dende a rúa de Xestoso, á man esquerda, cando nos diriximos da encrucillada dos Freires cara á Regada. Dise que as covas que quedan entre elas foron empregadas como agocho polos escapados na posguerra. Os campos situados aos seus pés, cara ao leste, onde agora hai dúas casas construídas, son coñecidos como O Pé das Penisas . Penas / Penas, A de Aínda que Pena ‘pedra, rocha’ é un termo moi común na fala dal- gunhas zonas de Galicia (non na área tudense) e un topónimo moi fre- cuente tamén no territorio galego, a súa orixe non está clara. A opinión maioritaria considérao resultado do latín pinna ( ou penna no baixo latín) ‘pluma; amea dunha muralla’, malia que hai autores, tal como refiren Marqués (2004: 214) ou Navaza (2007b: 31), que consideran que po- dería tratarse dun termo prelatino. Na microtoponimia tamén é posible que faga referencia ao apelido Pena ou Penas (moito menos frecuente) dun antigo posesor. É o terreo con casa que temos á man esquerda cando comezamos a baixar dende o Carballal a Mourelle polo actualmente coñecido como camiño do Cocho. Fronte a el, do outro lado do camiño, temos A da Cal e un pouco máis abaixo Regueiriños. Veciñas do Carballal lembran aínda a presenza dunha pedra grande, que había nesta altura onde se sentaban a descansar. O lugar é maioritariamente nomeado A de Pe- nas, pero hai quen o segue a coñecer simplemente como Penas , e así lembra unha veciña que lle chamaba súa avoa, propietaria hai anos do terreo. Penas atopámolo tamén ata media ducia de veces no Catastro de Ensenada e outras tantas no Libro de afanegados , unha delas como «labradio de penas en el carballal». O feito de que o topónimo apareza 35 Esta relaxación explica igualmente a aparición do topónimo Penís (presente por exemplo en Cabral), en que o - e - desaparece totalmente.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==