Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 100 Sal» do que, en relación ás súas estremas se di: «sur y naciente monte comun de citada parroquia, poniente monte comun de la de Beade; en cuyo vallado que la divide, se halla un peñasco marcado con una cruz que divide esta parroquia con la de Beade; y norte Domingo Ro- driguez». Tamén aparecen outras propiedades nomeadas «tojal y pinal de Piedra do Sar» ou simplemente «Piedra do Sar» que poderían facer referencia ao mesmo lugar, procedendo o – r – de Sar dun simple inter- cambio entre consoantes líquidas. A pedra marcada cunha cruz á que se fai referencia non puidemos atopala na actualidade, como tampouco ningún outro penedo destacado na paisaxe, pero si chama a atención certa abundancia de seixos (pedras de cuarzo) no chan que poderían facer o efecto de pedras de sal espalladas no terreo. Unha das explica- cións populares dadas á orixe deste topónimo, di que había unha mu- ller de Cela (A Lura) que viña buscar sal á ribeira de Vigo cunha cesta e ao facer o camiño de volta apoiábaa nesa pedra, por iso lle quedou A Pedra do Sal . Trátase, claro está, dunha creación popular, posto que como xa vimos o topónimo conta con, cando menos, douscentos cin- cuenta anos de vida, moito tempo para lembrar o nome, alcume e orixe desa suposta muller. Pedra dos Mouros, A É o nome que se lle dá popularmente ao único dolmen dos que quedaron dentro do recinto do Círculo Mercantil que conserva a súa estrutura; unha gran laxe posta horizontalmente enriba doutras pedras verticais. En realidade emprégase na fala o castelanismo moros ( A Pe- dra dos Moros ). Hai quen a coñece tamén como A Cova dos Romanos. Pedras Penizas, As Do latín pennitia , derivado de penna . Peniza é un abundancial de pena , polo que resulta redundante que no topónimo apareza en plural e precedido de pedras . Isto parece pór de manifesto unha posible opa- cidade actual do vocábulo peniza do que se descoñece o significado. Como é evidente, debido ao seseo propio da zona, a execución na fala de Bembrive resulta nun As Penisas que se converte en moitas ocasións
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==