Toponimia do Val do Fragoso
99 A Terra Pedra das Cagallas, A Unha cagalla é unha ‘porción de excremento sólido de pequeno ta- maño dalgúns animais, como a ovella, a cabra, o coello etc.’. Procede do latín cacalia , de cacare ‘cagar’. Situado no San Cibrán, non é un único penedo, senón un pequeno grupo de rochas, dúas delas encabalgadas, situadas fronte á Pedra da Raposa, do outro lado da pista do Galleiro. O nome podería proceder das deposicións de coello, ou lebre, que había ao seus pés ou ben do propio aspecto do conxunto pétreo. Pedra do Martaraño, A Non é realmente unha pedra, senón unha gran parede de rocha de varios metros de alto e de longo, con fendas lonxitudinais provocadas pola erosión e numerosas cavidades a rentes do chan. Na actualidade, a maleza oculta en gran medida a impresionante visión que se podería ter dela dende o sendeiro do Eifonso, que pasa uns metros máis abaixo, do outro lado do río. Para atopala, podemos baixar polo camiño da Loureira e seguir ao final da recta á man esquerda. Dise que nela se agochaban o tourón e a raposa, aínda que supoñemos que orixinaria- mente o faría tamén a martaraña (–> O Martaraño), de aí o nome. Pedra do Sal, A Enténdese que o termo sal (lat. sal ) deste topónimo podería facer referencia, quizais, á presenza dunha rocha que se desfacía con moita facilidade, aínda que isto é unha simple suposición dificilmente con- trastable hoxe en día. A Pedra do Sal era unha pedra moi grande, situada por riba do pavi- llón de Bembrive, na estrema con Beade, antes de chegar á das Ferro- lanas. Así a lembra unha informante, que ía a aquela zona «co ancazo a apañar pluma», aínda que nós non fomos quen de localizala. En todo caso, por extensión, dáselle o nome de A Pedra do Sal a toda esa zona de monte situada na estrema con Beade, por riba da Devesa do Rei. No Catastro de Ensenda aparece nunha ocasión Pedras de Sal como monte común e no Libro de afanegados atopamos, entre as propiedades do veciño Jacobo Fernadez, do Carballal, un «tojal y pinal de Piedra do
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==