Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 98 atopala teremos que entrar pola pista, pasando a escola da Chan, e percorrer uns oitocentos metros. Chegaremos a un pequeno punto de descanso, con papeleira e un panel informativo da ELMB, baixo o que aproximadamente está a gran Pedra da Raposa , na ladeira que cae so- bre a encrucillada dos Chans e Bouzafría, aos pés dun frondoso casti- ñeiro. Esta pedra era un referente nos xogos das rapazas e rapaces do arredor, que se divertían escorregando por ela, ou figuraban a existen- cia dun grande asento e ata un alzadeiro. E é que realmente a pedra ten a forma dun maxestoso banco de pedra dende o que podemos gozar dunhas impresionantes vistas que inclúen mesmo a ría. O nome vén dado porque se di que era un lugar empregado pola raposa como ago- cho, aínda que é posible que se trate dun topónimo de orixe anecdótica (algunha vez viuse por alí unha raposa e quedou fixada a asociación do lugar con ela). A Raposa
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==