Toponimia do Val do Fragoso
T o p o n i m i a d o va l d e f r ag o s o : b e m b r i v e 8 Porén, coa firme intención de opoñérmonos a este proceso de de- culturación, este libro pretende ser unha ferramenta que nos permita, en primeiro lugar, salvagardar o coñecemento das últimas xeracións que viviron esa indisoluble relación co territorio. Persoas que transi- taban a pé polos camiños da parroquia, que levaban o gando a pacer nos montes, que lavaban nos lavadoiros e moían nos muíños e que sabían cales eran as mellores terras para poulo, para centeo ou para horta, e que aínda viviron as mallas e o cultivo e procesado do liño na parroquia. En segundo lugar, agardamos que sexa un instrumento que lles sirva ás xeracións máis novas para descubriren o rico medio en que viven, para aprenderen a nomealo e, polo tanto, a amalo e defendelo. Non obstante, non pretendemos, en ningún caso, que a transmisión escrita sexa un substituto da transmisión oral. Todo o contrario, agar- damos que este libro sexa só un aperitivo que estimule o desexo por coñecer máis sobre cada un dos recunchos que percorreremos e para seguir recorrendo ás principais fontes que deron lugar a esta obra: as nosas e os nosos maiores. A recompilación das formas toponímicas deste volume realizouse grazas a un arduo traballo de campo. De xullo a novembro de 2012 percorremos a parroquia na procura de informantes orais que nos pro- porcionaron os nomes que posteriormente contrastamos cos da docu- mentación histórica á que tivemos acceso. Entre 2012 e 2014 volvemos a facer algunha entrevista concreta. Para a súa ordenación decidimos dividilos en tres grandes bloques: «A auga», «A terra» e «O espazo habitado». No primeiro agrupamos os topónimos que na súa etimoloxía, na orixe da palabra que os confor- ma, teñen relación coa auga. Así, por exemplo, non atoparemos neste apartado O Río de Eifonso , pero si topónimos como A Lagoa , que dá nome a diferentes terreos na parroquia, Regueiriños ou O Bueu . Do mesmo xeito, no apartado «A terra» teremos todos os topónimos que recollemos na parroquia que nos falan de características do medio ( A Costa , O Picouto , As Verdellas ) ou da flora, sexa espontánea ou cultiva- da, e a fauna que o habitan ( O Carballal , A Espiñeira , As Teixugueiras ). E para rematar, na última sección, «O espazo habitado», atoparemos os topónimos que expresan algunha relación coa actividade humana, os que nos falan de construcións, vías de comunicación ou actividades económicas ( As Casas Vellas , A Estrada , O Muíño Vello ); dos primeiros asentamentos humanos ( O Crasto ); de expresións culturais ou relixiosas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy MTQwOQ==