Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 97 Fonte do Naranxo (nacedoiro de auga, hoxe en propiedade privada no barrio do Carballo do Pazo) Fonte do Negreira (lavadoiro no camiño do Riomao, no barrio da Gándara) Fonte do Norberto (fonte onda o camiño do Norberto, en Babio) Fonte do Outón , do Oitón ou do Eitón (fonte hoxe soterrada, en Abalde) Fonte do Porto (fonte no núcleo habitado do Porto) Fonte do Regueiro (nome alternativo da Fonte de Chanes , no camiño de Alén) Fonte do Regueiro (nome alternativo da Fonte do Barranco do Patuco , lavadoiro e presa hoxe desaparecidos no barrio da Coutada) Fonte do Riomao (nome alternativo do lavadoiro do Riomao , no barrio da Gándara) Fonte do Seixo, dos Seixos ou dos Seixiños (fonte hoxe desaparecida, nos terreos denominados Os Seixos, onde se levanta o hospital novo) Fonte de Souto do Chan (é o nome con que sempre se coñeceu a que agora aparece rotulada erradamente como «Fonte de Dimadeus») Fonte do Tallo (fonte nos Cruceiros, Babio, antigamente chamada a Fonte da Vila ) Fonte do Toural (fonte na estrada da Venda) Fonte dos Infernos (fonte en Babio) Fonte dos Lagumeiros (presa –hoxe desaparecida– e fonte en Quintián, estremando co camiño de Gualdino e a estrada do Porto) Fonte dos Vilas (fonte na Coutada; nome alternativo da Fonte da Xoanela ) Ademais dos precedentes, temos un único exemplo co derivado diminutivo en As Fontiñas , nome que recibe un conxunto de terras no ángulo que forma a pronunciada curva central da rúa de Saa do Monte. A carón destas terras, polo leste, atópase outro conxunto de labradíos denominado A Fonte . 2. Fonte + adxectivo Fontecovas (extensión de monte na estrema con Zamáns, que che- ga ata Fontefría, onda a entrada do parque forestal). Coma nou- tros topónimos da zona, o plural é creación recente que substituíu a forma tradicional, Fonte Cova , co adxectivo covo, cova , concor- dando en singular co substantivo fonte. Covo, cova é moi común na toponimia para referirse a lugares (neste caso unha fonte) ‘situa- do nun fondal ou na parte baixa dunha pendente’ (véxase Cova ). Fontefría . É tamén moi común na toponimia de Galicia e doutras áreas o composto Fontefría ou Fonte Fría (ou a variante Fonfría ), co adxectivo
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1