Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 95 Fonas Descoñecemos a orixe e o significado do topónimo viario Cami- ño de Fonas , en Babio. Ademais desta denominación existe a variante de camiño do Fonas , que permite interpretar o seu segundo elemento como posible sobrenome de propietario. Na rotulación municipal apa- rece escrito como «Camiño Fonas». Fonte O substantivo galego fonte (do latín FONTEM ) ten abundantísima pre- senza na toponimia e pode designar xa un nacedoiro ou un manancial de auga natural, sen ningún tipo de intervención humana, xa a constru- ción de pedra, con cano e pía, que fornece da auga conducida dunha mina ou dun manancial. En Beade temos este nome en numerosos to- pónimos. Os máis deles responden á estrutura fonte + de + x , onde x é ou ben o topónimo que designa o lugar onde se acha a fonte ou ben un nome persoal ou de familia de antigos propietarios. Para a orixe e o significado do segundo elemento dos topónimos que seguen este es- quema remitimos aos apartados correspondentes, de acordo coa orde alfabética. Coa estrutura fonte + adxectivo , ademais das abundantes Fonte Nova , na toponimia das fontes de Beade unicamente temos dous exemplos: Fonte Cova e Fonte Fría . 1. Fonte + de + segundo elemento Fonte da Bouza (fonte de propiedade privada na zona coñecida como A Bouza, en Babio; tamén chamada o Lavadouro da Bouza) Fonte da Carballeira (fonte no camiño da Carballeira, en Abalde, na es- trema con Bembrive) Fonte da Carteira (fonte de dous canos nun carreiro que sae da rúa da Cavada) Fonte da Coutada (fonte na rúa do Porto, fronte ao xeriátrico; toma o nome dos terreos en que se encontra) Fonte das Coutadas (na Coutada) Fonte da Lameira (fonte na rúa de Abalde) Fonte da Leira (fonte en Babio) Fonte da Morena (fonte no camiño do Xestal, no barrio da Gándara)

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1