Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 94 Camiño Real. Ferreirito é un diminutivo de ferreiro , mediante o sufixo - ito , propio do castelán e usado tamén en portugués, pero insólito en galego, polo que quizais foi empregado aquí con intención burlesca, xa que probablemente se trata dun alcume de propietario. Figueira, Figueiras ▶ 10. Figueirós Figueiró, Figueirós ▶ 10. Figueirós Filgueira, Folgueira Os informantes recoñecen co nome de A Frigheira ou A Forgheira unha fileira de campos (hoxe ocupados por edificacións) ao longo da vía denominada oficialmente Camiño do Lago, no barrio do Carballo do Pazo, dende a estrada do Porto ata o camiño do Romeu. Así mesmo, unha área contigua é recoñecida por algúns veciños como As Forgueiri- ñas, A Forgheira de Abaixo, A Frigueiriña de Abaixo . Dáse a mesma va- riabilidade de denominacións no nome do camiñiño chamado Carreiro das Forgueiriñas ou da Forgheira / Frigheira de Abaixo . Interpretamos que estes nomes son alteración de As Filgueiriñas , A Filgueira de Abaixo e Carreiro das Filgueiriñas ou Carreiro da Filgueira , e que correspon- den ao mesmo lugar que aparece como Filgueira e A Filgueira na docu- mentación escrita (no Catastro de Ensenada: «dos cavaduras (...) al sitio da Filgueira, en el carballo do Pazo»). O topónimo facía referencia, na súa orixe, á flora espontánea do lugar, pois filgueira significa ‘fenteira, fental, lugar onde medran os fentos’. Filgueira é unha das formas galegas correspondentes ao latín FILICARIAM , derivado de FILICTUM ‘fento’. Filomena A da Filomena ou a Finca da Filomena é un campo de labradío que ocupa o espazo que vai da estrada da Coutada ata o camiño da Barrei- ra, a continuación do Lugar da Meana, na Gándara. Contén o nome persoal feminino Filomena , formado a partir do grego FILOMELA ‘amante da música’, nome do reiseñor. O substantivo finca é considerado un castelanismo en galego.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1