Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 93 Falcoído Denomínase Rúa do Falcoído a vía pública que vai desde a estrada da Venda ata o inicio do campus universitario. Contén aparentemente un derivado do nome da ave de rapina falcón (< do latín FALCONEM ), e probablemente toma o seu nome dunha área do monte que atravesa. Os sufixos -ido, -edo empréganse polo regular para formar colectivos de nomes de plantas, pero excepcionalmente tamén crean derivados a partir de nomes de animais para designar lugares onde se crían en abundancia, como en Rendo (< RANETUM , onde abundan as ras), Ca- zapedo (os cazapos , as crías dos coellos) ou Lebredo (as lebres), polo que non é inverosímil que o nome do Falcoído veña motivado pola presenza ou abundancia de falcóns no lugar. A súa localización, nun- ha área de monte (hoxe de piñeiros) na parte alta da parroquia, é axei- tada para o hábitat desas aves. Con todo, dado o insólito do derivado dun nome de ave con este sufixo, non podemos dar por segura esta etimoloxía. Ferrán En galego a ferraia ou ferraña (< latín FERRAGINEM ) ‘orxo, avea ou outra clase de forraxe que se sementa para alimentar o gando’ ten unha va- riante ferrán . Con todo, é probable que o topónimo O Chan de Ferrán , nome dunha área de cultivos onda o camiño dos Barros, non conteña este substantivo, senón un apelido idéntico Ferrán . Este é un apelido da metade oriental da península (aragonés, catalán, valenciano), corres- pondente ao patronímico do nome persoal Fernando . En Galicia é un apelido infrecuente, como era de esperar dada a súa orixe xeográfica, mais ten certa presenza significativa no concello de Vigo. Ferreirito, As do O sobrenome ou o apelido de propietario Ferreiro (< do latín FERRA - RIUM ) ‘o que traballa no ferro’ está presente na toponimia de Beade en As do Ferreirito , nome dunha propiedade edificada na parte sur do
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1