Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 92 STRATA ( M ) ‘vía ou camiño empedrado ou estrado de laxes’. Ese é o significado que mantivo ao longo dos séculos, e só en épocas re- centes adquiriu o significado común actual ‘camiño ancho e asfal- tado, xeralmente de dobre dirección, destinado á circulación de vehículos automóbiles’. Ademais dos topónimos onde estrada se emprega como denominación xenérica de vía pública para trán- sito rodado ( Estrada da Venda , Estrada do Porto , Estrada de Clara Campoamor. ..), na toponimia de Beade temos este nome en A Es- trada , nome dunha zona habitada no barrio de Babio, que abran- gue os campos de Dimadeus e mais Souto do Chan. A motivación deste topónimo A Estrada ha de ser a mesma ca a dos seus equiva- lentes A Brea e o Camiño Real, isto é, fai referencia á antiga estrada ou camiño real de Tui a Vigo por Castrelos (véxase Camiño Real ). Estripeiral, O Coñécense como O Estripeiral uns campos de labradío onda o ca- miño do Concello, no Carballo do Pazo. O nome é un derivado colecti- vo de estripeiro (do latín STIRPARIU ). O estripeiro ou estripo é un ‘arbusto espiñoso, bravo, da familia das rosáceas, de flores brancas e aromáti- cas, e de froito non comestible que se usa para enxertar’. É moi abun- dante en todo o val de Fragoso e non é insólita a presenza deste nome e dos seus derivados na toponimia. Este atopámolo rexistrado no Libro de afanegados de Beade de 1812 como O Estripeyro e O Estripeyral e dedicado a labradío. Eucaliptos, Os Coñécese localmente como Os Acolitos (deformación popular de Os Eucaliptos ) un terreo en pendente poboado destas árbores e situado na parte de atrás do camiño do Corcho, entre este e o camiño da Casa Vella, no barrio de Saa. Facho, O ▶ 09. Facho, O
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1