Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 91 nos séculos XVII e XVIII vemos o topónimo Campo do Ervellido escrito indistintamente con V e con B, con H e sen el. Esquina, A É coñecido como A Esquina un campo de labradío onda o camiño do Lombeiro, estremando coa porción de monte inmediata ao camiño dos Seixiños, no barrio da Pena. Contén o substantivo esquina ‘ángulo, canto, recanto’, un termo de orixe xermánica común ao galego e ao castelán. O topónimo quizais está motivado pola situación do campo, no ángulo que forman as propiedades contiguas. Estévez Por coincidir coa advocación parroquial, o nome de Estevo (< STEPHANU ) tivo tradicionalmente moito uso en Beade. Aínda que a partir do século XVI o nome e a advocación tenden a castelanizarse como Esteban ou Estevan nos textos escritos, cando se trata de apuntamentos ou notas informais asoma a forma Estebo ou Estevo , que era sen dúbida a em- pregada pola veciñanza. Sirva de exemplo o apuntamento dun libro de apeos de San Domingos de Pontevedra, onde lemos «apeo de lugar do souto do porto en la frª de S. Estebo de [...] / apeo de lugar de quintián en dha frª de Biade» ( dha é abreviatura de dicha ; frª , de feligresía ). O apelido patronímico derivado de Estevo é Estévez , que ten pre- senza na parroquia desde a Idade Media, como vemos nunha Ana Es- tévez de Beade (de Viade no texto) que tiña aforado o Souto do Porto a finais do século XVI e comezos do XVII . Na toponimia actual da parroquia temos este apelido nun topónimo constituído por un nome persoal de propietario: Pepa Estévez (propie- dade situada na traseira dos campos do Velouro). Pepa é común como hipocorístico (variante familiar) do nome persoal Xosefa . Estrada, A Estrada , como Brea , Camiño Real e outros, é un topónimo viario, que fai referencia ás vías de comunicación. Estrada procede do latín
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1