Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 90 Eixido, O; Enxido, O Do latín EXITUM ‘saída’, participio do verbo EXIRE ‘saír, ir fóra’ pro- cede o galego eixido , paralelo do castelán ejido , nomes que en orixe designaban o terreo inmediato á casa, habitualmente con horta, viña e árbores froiteiras. No século XVIII , cando se realizou o Catastro de Ense- nada, unha parte considerable das vivendas da parroquia contaban co seu eixido particular ou constituían un lugar , nun hábitat disperso que difería moito do hábitat de vivendas formando rúas propio do urbanis- mo vilego. Na actualidade, a profunda alteración da paisaxe de Beade por mor da edificación fixo desaparecer case todos eses espazos tradicionais. Na fala local, coma en todo o galego tudense e noutras áreas, eixido presenta unha variante con nasal enxido ou inxido , resultado da al- teración do ditongo decrecente (algo semellante ao que acontece na conxugación verbal, onde as formas do galego común sei, cantei, leva- rei presentan as variantes sen, cantén, levarén ). Temos este substantivo nos topónimos O Enxido (parte do terreo da Xouba de Arriba, no cami- ño da Vaca Morta, na Coutada), O Enxido (o terreo no exterior dunha casa no camiño de Dornelas, na Coutada), O Enxido (área no camiño da Pena, fronte á Eira Vella), O Enxido (saído dunha casa entre o cami- ño das Presiñas e a rúa de Ramiro Pascual, en Babio) e O Enxido (terreo dunha vivenda no Caramuxo, no barrio do Porto). Outros topónimos con este substantivo que rexistramos na documentación antiga non so- breviviron ata hoxe. Ervellido, O É coñecida como O Ervellido unha área do Carballo do Pazo, nas inmediacións da vía pública denominada Camiño do Ervellido . Ervellido é un fitotopónimo, un nome que fai referencia á flora. Nes- te caso, un derivado de ervella ou ervilla (do latín ERVILIAM ) ‘chícharo’. Adoita escribirse erradamente con H- inicial, talvez porque se interpre- tou como un nome relacionado con herba ou co castelán hervir ‘ferver’ (sucede o mesmo coa entidade de poboación chamada Os Ervillás , en Vincios, outro topónimo derivado de ervilla ou ervella , que habitual- mente se ve escrito como Os Hervillás ). Na relación de foros que o convento de San Domingos de Pontevedra tiña na parroquia de Beade

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1