Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 89 seu nome serviu para que un petróglifo prehistórico situado en Beade, preto do punto onde ese camiño confluía co camiño das Barallas, fose bautizado como Petróglifo do Eixón . Con ese nome está catalogado como Ben de Interese Cultural. Mais esas denominacións son resultado de interpretar erradamente como castelanismo a gheada da pronuncia local, Eighón . Así o confirma a documentación escrita, onde o topó- nimo se recolle como Eigón . No Libro de afanegados de Beade , na enumeración das propiedades de Manuel Fernández de Sá en Catrelos lemos «Eigón», «sitio de Eygon, labradío». Eigón é un topónimo escuro, probablemente de orixe prerromana. Debido ao paralelo co topónimo ourensán San Cristovo de Regodeigón (< Rego de Eigón ), nome dunha parroquia do concello de Ribadavia, cremos que pode ser un hidrónimo, un topónimo relativo ás augas. O nome do río, val e comarca leoneses de Valdeón , ao pé dos Picos de Europa, rexístranse na documentación medieval en latín como Valle de Eigone , entre outras variantes gráficas. Talvez Eigón e As Barallas foron denominacións alternativas dunha mesma realidade, acaso ese tramo do río das Barxas. Eitón ▶ Outeiro, Outón Eira, A Eira é un termo común en galego, que designaba o espazo aberto onde se realizaban a malla e outros labores agrícolas; procede do latín AREAM ‘área’. En Beade témolo nos topónimos A Eira (parte dos terreos dunha propiedade con vivenda na rúa de Ramiro Pascual, próxima á encrucillada de Babio), A Eira Vella (terreo de monte no camiño do Castañal, na Pena, onde hoxe está o transformador) e o Campo da Eira (campo de labradío por detrás do camiño do Lombeiro, entre A Portiña e A Esquina, no barrio da Pena). Un diminutivo A Eiriña é o nome que lle dan os seus propietarios ao terreo da casa, no camiño de Dornelas, no barrio da Coutada. Cabe a posibilidade de que os nomes A Sueira e o Camiño das Suei- ras conteñan unha forma composta polo substantivo eira precedido dunha preposición so, sub ‘debaixo de’, pero non temos certeza de que sexa esa a orixe deses topónimos, que tamén admiten outras posibles explicacións (véxase Sueiras ).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1