Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 88 Eifonso O río que serve de estrema entre as parroquias de Beade e de Bem- brive recibe hoxe a denominación de Río de Eifonso . No Catastro de Ensenada aparece comunmente como río de San Cibrán, polo nome do monte onde ten nacemento. Cremos que a súa denominación ac- tual ten orixe nun muíño coñecido como De Eifonso , que consta nese castastro e que constitúe a motivación do nome da área aínda hoxe co- ñecida como o Muíño de Eifonso , compartida coa parroquia de Bem- brive, nas dúas beiras do río, e do da veciña ponte chamada a Ponte de Eifonso , na estrema entre as dúas parroquias. Desde ese muíño debeu de estenderse a denominación ao resto do curso do río, que recibe as augas do río de Babio e vai desaugar no Lagares ou Sárdoma. O via- duto da autoestrada de Vigo a Baiona (AG-57) tamén recibe o nome de Viaduto do Río de Eifonso , ou, segundo o rótulo da propia autoestrada «Ponte do río Eifonso». O nome medieval de orixe xermánica Adefonsus deu como resul- tado común en galego Afonso . Eifonso podería ser outro resultado de Adefonsus , variante de Afonso , pero non parece verosímil ese resultado anómalo precisamente nunha área onde tivo notable presenza Afonso como nome e apelido, hoxe este castelanizado como Alonso (véxase o que dicimos no topónimo Os Alonsos ), polo que cremos que o nome actual o Muíño de Eifonso é unha alteración fonética dun antigo o Muí- ño de Afonso , relaxado o hiato /-de-a-/ en ditongo -dei-. A documenta- ción antiga poderá confirmar ou desmentir esta explicación. No século XVIII apelídase Alonso (ou así consta en Ensenada) un dos propietarios dese muíño, que é denominado « de Yfonso ». Eigón Na documentación municipal e na rotulación viaria aparece como Camiño Eixón un camiño que no pasado comunicaba a zona das Ba- rallas, en Beade, cos núcleos das Coutadas e Macal, na parroquia de Castrelos. Hoxe o vial da Universidade ou estrada de Clara Campoamor atravesa esa zona e corta o camiño na súa parte leste, a correspondente a Beade, de xeito que o camiño do Eixón só conserva funcionalidade a occidente do vial , na parte de Castrelos. Así e todo, a referencia ao
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1