Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 7 seguen a ser microtopónimos que designan áreas de arboredo, campos de labor cultivados ou ermos, terreo industrial, parcelas edificables etc. Estas páxinas son unicamente unha introdución á toponimia de Beade, un primeiro achegamento a todo o caudal de información que encerran os seus nomes de lugar. Un estudo máis exhaustivo precisaría o exame pormenorizado das fontes históricas manus- critas relativas á parroquia desde a Idade Media e o Antigo Réxi- me ata datas máis recentes, que se atoparán no Arquivo Histórico Nacional de Madrid, no Arquivo Diocesano de Tui, nos arquivos municipais de Vigo e no Arquivo Histórico Provincial de Ponte- vedra, ademais da documentación relativa ao antigo concello de Lavadores e á xurisdición de Bouzas, e todo tipo de documen- tos públicos ou privados que conteñan información toponímica e onomástica de Beade: libros parroquiais, protocolos notariais, contratos de foros, rendas, apeos, ordenanzas veciñais etc. Nesta introdución á toponimia de Beade utilizáronse só al- gunhas desas fontes documentais. As medievais tómanse de dúas bases de datos accesibles en internet: as referencias que están en latín proceden do Codolga (Corpus Documentale Latinum Gallaeciae), creado polo Centro Ramón Piñeiro ( http://corpus. cirp.es/codolga/ ) , e as que están en galego do TMILG (Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega), do Instituto da Lin- gua Galega ( http://ilg.usc.es/tmilg / ). Outra documentación dos séculos XVI ao XIX consultouse a través do Portal Pares do Ministe- rio de Cultura. Examináronse ademais os volumes do Catastro de Ensenada correspondentes á «Feligresía de Sto. Esteban de Beade, Provincia de Tuy, Reyno de Galizia», que responden a enquisas do ano 1752 e que están a disposición do público no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra. Deste catastro, os libros cha- mados Real de Leigos e Real de Eclesiásticos (Libro de lo real de los individuos legos / Libro de lo real de los individuos eclesiásticos ) conteñen moita documentación toponímica, pois consignan todas
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1