Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 87 que tenades as ditas tres leiras et as aiades de dizimo a Deus et non diades delas nen de cada huna delas ao dito moesteiro de foro, nen de nouersario... (n.o 352, ano 1361). herdades et casas et vinas et aruores que eu ayo et me perteesçen de aver de dereito, que son de dizimo a Deus (n.o 419, ano 1401). que chantedes et façades de viña todo o monte et erdades que en estas dytas erdades estouer para fazer, tan ben en as do foro como en as outras miñas de dizimo a Deus (n.o 515, ano 1428). que as ajades dizimo a Deus , sen outro carrego et çenso et trabuto alguun (n.o 517, ano 1428) que ajades de dizimo a Deus livre et quite doutro foro et çenso alguno (n.o 545, ano 1437). A área que recibe este nome sitúase ao sur de Souto do Chan, por riba do actualmente chamado camiño de Souto de Chan (sic) , antiga- mente coñecido como Camiño de Dimadeus. Dornelas ▶ 08. Dornelas Dorindo o Terrible No Lugar de Dorindo o Terrible temos un exemplo de topónimo de propietario formado polo nome persoal acompañado do sobrenome ou alcume. Neste caso o alcume é o adxectivo terrible (< latín TERRIBILEM ‘que infunde terror’) precedido de artigo. É a denominación dunha pro- piedade no camiño do Lombeiro. Eido O substantivo común galego eido procede do latin ADITUM , partici- pio do verbo ADIRE ‘engadir’, e en orixe designou o ‘terreo engadido ou anexo á casa’ e, por extensión, ‘campo cultivado próximo á casa’ ou, cun significado máis xenérico, ‘campo cultivado’. En Beade temos este substantivo en varios topónimos: o Eido Vello (propiedade edifi- cada recentemente no camiño de Morrohome, próxima á curva máis pronunciada do camiño, no barrio da Pena), outro Eido Vello (campos de labradío na estrada do Porto, próximos ao camiño da Mangueliña), o Rego do Eido (terras e rego onda o camiño do Xestal, na Gándara), Debaixo do Eido (viña na rúa da Cavada), Traloeido (‘Tras o Eido’, terras por debaixo do camiño do Riomao, entre O Pedruco e Os Poulos, lin- deiras coas Barxas) e Portelo do Eido (carreiro no camiño do Portelo).

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1