Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 86 Na fala sobrevive como Dimadeos e Dimadeus . Na rotulación mu- nicipal aparece cun artigo («Os Dimadeos», «Camiño dos Dimadeos») que non rexistramos noutras fontes escritas e que debeu de xurdir dun- ha falsa interpretación do topónimo como un plural. As formas con que o recolle o Catastro de Ensenada en 1752 dannos luz para a súa inter- pretación, pois alí figura como «Dizmadeus», «sitio de Dizmadeus», «en Dizmadeus», «sitio de Diezmo a Deus». O dizmo a Deus ou simplemente dizmo (tamén chamado dízimo, décimo ou desmo , castelán diezmo ) era un tributo polo cal a Igrexa percibía cada ano a décima parte de todos os produtos da terra, así agrarios como pecuarios. Instituído na Alta Idade Media en Europa oc- cidental seguindo o modelo dos tributos relixiosos dos antigos israe- litas, tivo vixencia durante séculos e constituíu unha sólida fonte de ingresos para a Igrexa católica. Nas primeiras décadas do século XIX , a vontade de abolir este tributo formou parte do programa de reformas da agricultura das políticas liberais (foi suprimido polas Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812 e restaurado varias veces, ata a abolición defi- nitiva durante a rexencia de Espartero en 1840). No Antigo Réxime, segundo se advirte na resposta á cuestión número 15 do Interrogatorio xeral do Catastro de Ensenada (1752) desta parro- quia, todas as terras do termo parroquial de Beade estaban suxeitas a este tributo (advírtase que daquela tamén se incluía na relación de Bea- de a entidade de poboación de Moledo, hoxe pertencente á parroquia de Sárdoma): «que sobre las tierras del termino está impuesto el diez- mo eclesiastico que perteneze de por mitad al obispo de Tuy y al abad párrocho de la poblacion, excepto el de las del lugar de Moledo, que corresponde al Comendador de Beade del Horden de San Juan, Don Phelipe de Bargas». Dado que todas as terras da parroquia estaban sometidas a el, pode- ría parecernos estraño que se recorrese á referencia a este tributo para dar nome a unhas propiedades. Debemos ter en conta que cando unhas propiedades eran caracterizadas como de dizmo a Deus ou de dízimo a Deus , significaba que estaban exentas de calquera outra carga, renda ou foro. Con ese significado atopamos a expresión na documentación antiga, por exemplo, en diplomas de San Clodio do Ribeiro dos séculos XIII a XV : quanto eu y ajo et podia auer de meu dereyto, tan ben de foro como de dizimo a Deus (n.o 212, ano 1286).
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1