Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 85 Durante o Antigo Réxime, practicamente desde o século XVI ata o XIX , as devesas reais foron motivo de litixios entre a administración e o pobo. No século XIX moitas desas devesas pasaron a mans particulares. Na toponimia de Beade temos este nome en A Devesa (campos na estrada do Porto, onda As Coutadiñas), A Devesa (campo de labradío e viña no camiño do Romeu) e A Devesiña (campo de labradío no ángulo que forma o camiño do Riomao coa Costa da Gándara). A estes podemos engadir A Devesa do Rei , na estrema coa parroquia de Bembrive. Na fala local presentan unha variante coa vogal pretónica labializa- da ( dovesa , coma en lovar por levar ). Na documentación escrita apare- cen ás veces castelanizados como dehesa . No Catastro de Ensenada, a Devesa do Rei ou Real Dehesa situada en Riomao contaba 50 ferrados, e formaba parte do «monte baldío de Riomau, asiento del común». Ato- pamos tamén nese catastro outros topónimos que conteñen este mesmo substantivo: «una dehesa en el sitio do Seijo», «Campo da Devesa», «donde llaman Cocho da Dehesa» «cocho da Devesa» etc. Diego Diego é o resultado galego e castelán (en portugués impúxose a va- riante Diogo ) dun nome de orixe hispana que se rexistra en latín como Dídaco ( DIDACUS ). Témolo na denominación do Camiño do Señor Die- go , que segundo a veciñanza era o nome tradicional do camiño que actualmente consta na documentación municipal e na rotulación como «Camiño da Latiña», no Porto. Dimadeus Existe este topónimo na parroquia de Beade como nome dunha vía pública coñecida como o Camiño de Dimadeus , que comunica o ca- miño de Souto do Chan co camiño dos Barros, no Seixo, e mais dunha área de terras de cultivo e de arboredo nas súas proximidades chamada tamén Dimadeus . É un topónimo altamente interesante, pois baixo a escura aparencia garda memoria dunha das claves sociais da historia da parroquia de Beade no longo período que vai desde a Idade Media ata a primeira metade do século XIX .

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1