Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 83 da Quinta, en Babio) e o Lugar dos Cruceiros , núcleo habitado arredor dese camiño. Segundo os informantes locais, o nome débese a que existían antigamente nese sitio tres cruceiros de pedra (hoxe só hai un), e no pasado discorría por ese camiño unha procesión de Semana Santa. Outra denominación alternativa dunha encrucillada, neste caso me- diante un numeral, témola no topónimo Catro Camiños , que designa a confluencia do camiño da Canicouva, o camiño do Norberto e a rúa de Babio. Cu da viña, O Entre os usos toponímicos do substantivo cu (< do latín CULUM ) é re- lativamente frecuente o que serve para designar camiños cegos, ou sen saída, isto é, que dan acceso a lugares dos cales só é posible saír pola mesma vía de entrada. Ten paralelo no francés cul-de-sac ‘camiño cego, rúa sen saída’. Na actualidade segue sendo un camiño cego (o asfalto cesa de súpeto no seu remate) o chamado Camiño do Cu da Viña , que aínda hoxe vai entre viñas, campos de millo, canavais e salgueiros nas inmediacións do camiño de Dornelas, na Coutada. No seu tramo ini- cial, á beira do camiño, consérvanse o Lavadouro do Cu da Viña ou a Fonte do Cu da Viña e mais a Presa do Cu da Viña . Son coñecidos así mesmo como O Cu da Viña os campos de labor situados na parte alta dese camiño ata a encrucillada co camiño de Dornelas. Cunquiño, O O Cunquiño é un campo de labradío situado na parte central da rúa da Cavada, entre o camiño da Pedra e o coñecido como camiño da Ga- rula, no barrio de Abalde. Contén o substantivo cunco , masculino de cunca (< latín CONCAM ), pero descoñecemos a motivación do topónimo. Os dicionarios recollen cunco como nome de diversos recipientes (para recoller o viño, para darlles de comer aos animais...). O topónimo quizais fai referencia á orografía cóncava do lugar, mais tamén podería aludir ás pequenas dimensións da propiedade, pois cunco e o feminino cunca ou conca , coma outros nomes de recipientes (o máis coñecido é o ferrado ) tamén foron usados como medidas de capacidade e de superficie.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1