Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 82 Cova, A; Covelo, O É coñecida como A Cova unha zona de campos, a maioría sen cul- tivar, con prados, caneiros, matorral e arboredo, no espazo que vai de leste a oeste dende o camiño de Dornelas ata o inicio do camiño dos Marzos. Dado que non hai na zona ningunha cova nin mina de auga, cremos que neste caso cova (< do latín hispano COVAM , un celtismo) non está como substantivo, senón como o feminino do adxectivo covo, cova ‘cóncavo, afundido’, e fai referencia á orografía da zona, en acusado declive. O correspondente masculino, en forma diminutiva, atopámolo en O Covelo , nome das terras situadas ao final do Camiño do Covelo , na Coutada. O Covelo das Pedras é o campo situado a continuación do Covelo, cara ao oeste. Tamén neste caso é evidente o significado orográfico do topónimo, pois designa áreas situadas no fondo dunha pendente pronunciada. Crego, o Lugar do ▶ Cura Cruz, Cruceiro O substantivo feminino cruz (< latín CRUCEM ) ten moita presenza na toponimia. Responde a dúas motivacións principais: ou ben designa unha encrucillada de camiños (unha cruz de camiños, o masculino un cruce é denominación recente), e entón estamos ante un topónimo viario, ou ben fai referencia á presenza no lugar dunha cruz, símbo- lo cristián, realizada en pedra ou en calquera outro material, e entón sería un haxiotopónimo ou topónimo relativo aos cultos relixiosos. Mais como a tradición adoitaba erguer cruces e cruceiros nas encrucilladas, os topónimos resultan así duplamente motivados pola realidade física que designan. Na toponimia de Beade as encrucilladas viarias adoitan denominarse co castelanismo cruce (masculino): o Cruce de Babio , o Cruce do Porto . Está presente o feminino en a Coutada da Cruz ou a Cruz do Canizo (do Caniso), nome da área onde se encontra a encruci- llada da rúa do Falcoído co camiño do Gualdino, no Porto. O derivado co sufixo - eiro, cruceiro , adoita designar o monumento de pedra consistente nunha cruz no alto dunha columna. En Beade témolo no Camiño dos Cruceiros (nome tradicional do actual camiño
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1