Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 81 galego un pedazo de terra de labor, habitualmente cercado ou murado, próximo á vivenda. Na fala local de Beade escóitase con máis frecuen- cia curtiña , coa habitual pechazón da vogal pretónica cando a tónica é un i . Temos este nome no topónimo A Cortiña de Saa (terras de labor próximas ao lugar de Saa). Rexístrase no Catastro de Ensenada co mes- mo nome actual: «campo da Cortiña de Sa», «en Cortiña de Saa», «en la Cortiña de Sa» etc. Costa O substantivo costa (< latín COSTA ) ten moita presenza na toponi- mia e designa espazos ou, máis frecuentemente, tramos dos camiños situados en pendente. En Beade témolo en A Costa (terras de cultivo e arboredo nas inmediacións do camiño do Cu da Viña), a Costa de Casmarcelo (nome alternativo do camiño de Casmarcelo), a Costa da Gándara (vía pública na Gándara) e mais no Camiño da Costa da Rúa (vía pública no Carballo do Pazo). O primeiro destes topónimos, co- rrespondente á zona situada no interior do ángulo formado pola bifur- cación do camiño do Cu da Viña, ten tamén unha denominación alter- nativa en diminutivo A Costiña , e no Catastro de Ensenada recóllese cos dous nomes: «Campo da Costa», «campo da Costiña», «situación de la Costa», «a la Costiña». Os veciños da Pena tamén denominan A Costa un conxunto de campos, uns traballados, outros a bravo e un edificado, situados por detrás da área chamada Os Campos da Pena, no camiño da Pena. De costa tamén deriva costeira , propiamente un adxectivo que sig- nifica ‘en costa, en pendente’. Témolo en A Costeira (casa e terreos no alto da Costa da Gándara). A finais do século XVIII e comezos do XIX , ha- bía neste lugar unha Viña da Costeira que pagaba foro a San Domingos de Pontevedra. Cotarela ▶ 06. O Coto Coto ▶ 06. O Coto Coutada ▶ 07. A Coutada
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1