Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 80 Correa O nome común correa ‘tira de coiro ou doutro material semellante’ empregouse como alcume, aplicado posiblemente a persoas de consti- tución magra, e consolidouse como apelido. Este apelido ten presenza en Beade desde hai centos de anos, e aparece reiteradamente na docu- mentación histórica dos séculos XVII , XVIII e XIX relativa á parroquia. Do apelido Correa de antigos propietarios han de proceder os topónimos a Volta Correa (curva pronunciada no camiño do Facho, en Abalde), O Cocho Correa (nas inmediacións das Campaceiras) e mais o Camiño de San Correa ou Camiño de Sancorrea (vía que vai da rúa do Coto ata o camiño do Facho), que interpretamos como alteración dun orixinario Xan Correa , onde o nome persoal Xan , variante popular de Xoán , aca- bou derivando no apócope de santo , o que indica que o topónimo xa non resultaba intelixible para os falantes. Corredoura, A Está presente este substantivo no topónimo A Corredoura , nome duns terreos no Porto, inmediatos á primeira casa do actual camiño da Latiña. Corredoura é a variante local, característica do galego da dio- cese tudense e doutras áreas suroccidentais, correspondente ao galego común corredoira . Este substantivo aparece como CURRITORIA ou CORRITO - RIA no latín dos documentos medievais, e é un derivado do verbo correr (latín CURRERE ). Designa un camiño entre valados e herdades que permi- te o paso de carros. O Nomenclátor de Galicia recolle máis de sesenta entidades de poboación chamadas (A) Corredoira ou (As) Corredoiras , mentres que a variante Corredoura só está presente no nome de dous núcleos de poboación nos concellos de Salvaterra de Miño e de Tui. Esta zona chamada A Corredoura , no Porto, rexístrase con ese nome en 1752 no Catastro de Ensenada: «una tierra (…) en la Corredoura», «sitio da Corredoura», «donde llaman la Corredoura». Cortiña, A O substantivo común cortiña , derivado de corte (< do latín vulgar CORTEM ), e este do latín clásico COHORTE ( M ) ‘recinto, curral’, designa en

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1