Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 79 Corcho, O O Camiño do Corcho é o nome dunha vía pública transversal da rúa do Seixo, en Saa, onde tamén dá nome ao Monte do Corcho . Desco- ñecemos a orixe e o significado exactos do segundo elemento destes topónimos, que aparentemente conteñen o substantivo castelán corcho ‘cortiza’. Quizais fai referencia á presenza de sobreiras no lugar ou a algunha actividade relacionada coa cortiza. Coro, O É coñecida como O Coro ou a Casa do Coro a casa de pedra que fai esquina na rúa do Seixo coa rúa das Chabarras, en Babio. Era unha antiga escola pública onde se celebraban diversas actividades sociais e culturais, como os ensaios do coro que lle deu nome. Algúns informan- tes dixéronnos que antigamente, sen precisar datas, nesa casa «organi- zaban os comunistas reunións clandestinas». Corno, Cornucho A presenza do substantivo corno (do latín CORNUM ) e os seus deriva- dos na toponimia adoita facer referencia a prominencias no terreo, nor- malmente pétreas (coma a famosa Pena Corneira , na comarca do Ribei- ro de Avia), mais tamén pode designar pequenas propiedades debido á súa forma, longa e aguzada, tal como se empregan rabo ou manga e os seus derivados con valores semellantes (como vemos en Rabela, Man- quelas ou Manguelas etc.). Algunha destas motivacións debeu orixinar o nome da área chamada o Campo do Corno , situada por detrás do aparcadoiro da asociación de veciños, na Coutada, a menos que o se- gundo elemento sexa un alcume de propietario, como sucede noutros casos. O mesmo podemos dicir doutro derivado de corno presente na toponimia de Beade: a Fonte do Cornucho , nome dun lavadoiro ( lava- douro , na fala local) situado en Abalde, ao comezo do carreiro coñeci- do por algúns veciños como o camiño da Barxiña . Este lavadoiro tamén se coñece como a Fonte do Galomacho . Aquí cornucho tamén podería ter en orixe un significado de ‘recuncho, curruncho, recanto, esquina’.
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1