Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 78 O Cochiño , O Cochiño da Pereiriña e mais O Cochiño da Veiga de Abaixo , este último contiguo das Veigas do Outón. Os informantes lem- bran tamén O Cocho da Igrexa ou O Cocho do Adro a carón da igrexa, onde agora se fai o baile da festa de Beade. O Cocharelo (viña na rúa da Cavada) semella un derivado de cocho con doble sufixación en - aro e - elo , coma en coto-cótaro-cotarelo , mais tamén podería ser o resulta- do dun cruzamento de cocho cun antigo cacharelo (emparentado con cachar, cachada ). Cometerra, Os de Coñécese co nome de Os de Cometerra unha propiedade entre o camiño de Pasales e o camiño das Barallas, no barrio de Babio. Coma outros compostos do verbo comer e mais un substantivo, semella un alcume familiar de carácter humorístico e orixe anecdótica. Concello Leva o nome de Camiño do Concello unha vía pública que vai des- de a estrada do Porto ata a estrada da Venda. Non rexistramos este topónimo na documentación antiga e descoñecemos a motivación que lle deu orixe. Aparentemente contén o substantivo concello (< lat. CON - CILIUM ), quizais en referencia á entidade administrativa que abriu ou reparou o camiño, pero nunha área de seseo coma esta podería tratarse tamén do substantivo consello (< lat. CONSILIUM ). Coquetas O Lugar dos Coquetas é unha propiedade edificada que estrema coa rúa de Ramiro Pascual, o camiño do Muiñeiro e o camiño de Rosalía, en Babio. O Coquetas semella un sobrenome da familia propietaria. Ignoramos se ten relación co adxectivo coqueto, coqueta ou co nome do moble chamado coqueta , ou se acaso ten algo que ver con algunha característica da fala do primeiro individuo a quen se lle aplicou ese alcume.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1