Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 6 parroquia de Beade, pasou a pertencer ao concello de Lavadores, composto por oito parroquias ou freguesías: Beade, Bembrive, Cabral, Candeán, Lavadores, Teis, Valadares e Zamáns. Estes dous concellos limítrofes de Vigo foron agregados en diferentes épo- cas ao da cidade: o de Bouzas en 1904 e o de Lavadores, logo de máis dun século como entidade municipal independente, en 1941. As formas dos nomes de lugar estudadas aquí recolléronse de informantes orais en traballo de campo e contrastáronse coas que figuran na documentación histórica que puidemos consultar. Como adoita suceder coa toponimia dos arrabaldes das cidades, o traballo de campo vese dificultado pola alta proporción de ha- bitantes non orixinarios do lugar, que polo regular descoñecen a toponimia tradicional do territorio ou coñecen só os nomes ofi- ciais ou os da rotulación municipal, que en ocasións conteñen erros, polo que a efectividade de todo o traballo depende dunha boa selección dos informantes. Unha pequena parte dos topónimos recollidos corresponden a núcleos consolidados desde hai centos de anos como barrios ou aldeas da parroquia, que figuraban como tales nos nomenclátores oficiais dos séculos XIX e XX e continúan recibindo na actualidade a consideración de entidades de poboación no Nomenclátor de Galicia publicado pola Xunta de Galicia (2003). Algúns destes núcleos históricos deron orixe, xa desde a Idade Media, ao co- rrespondente apelido toponímico, que en ocasións sobrevive con vitalidade (por exemplo, Abalde ). Ocuparémonos do nome des- tes núcleos en primeiro lugar, logo do apartado inicial dedicado ao nome da parroquia, e despois deles trataremos os demais to- pónimos do territorio de Beade, que constitúen o que en ocasións se denomina microtoponimia ou toponimia menor. No transcurso das últimas décadas, coa progresiva expansión urbana que irra- dia desde a cidade de Vigo, algúns deles quedaron fixados no nomenclátor municipal como nomes de vías públicas; outros
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1