Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 77 sucede coa zona coñecida como O Chouzo en Vigo, á beira da praza da Industria, que corresponde a un antigo O Chouso . Por razóns se- mellantes, os topónimos idénticos de Beade tenden a ser interpretados como O Chouzo , malia que a pronuncia común é O Chouso , co seseo propio da zona. Temos este nome en O Chouso (terras de arboredo no Porto, a ambos os lados do camiño do Falcoído), o Regato do Chouso (regato que atravesa as terras do Chouso e da Pousa, no Porto) e O Chouso (campo de labradío no camiño da Pouleira, na Gándara). Clareo, O Entre os veciños é coñecida como O Clareo unha parte do campo chamado Os Pociños, no camiño do Xestal. Alí estendíase ao sol a rou- pa despois de lavada, posta a clareo . Clareo é un substantivo creado a partir do verbo clarear , e este un derivado do adxectivo claro (< lat. CLARU ). Cocho, O Cocho é palabra aínda viva no galego de ambas as beiras da ría de Vigo co significado de ‘pedazo de terra cultivada dedicada a horta’. Na toponimia de Beade, coma na de toda a comarca, son numerosos os topónimos que conteñen este xenérico, que xa se rexistra reiterada- mente nos nomes de herdades cultivadas no Catastro de Ensenada de Beade: «en el Cocho de la Devesa», «sitio de Cocho do Muíño», «al sitio del Cocho» etc. Está presente en O Cocho (campo alongado na encrucillada do Porto, a carón da cancha de baloncesto), outro O Co- cho (na estrada do Porto, por debaixo do camiño da Latiña), O Cocho (no camiño das Castiñeiras, fronte ao comezo do camiño de Marinasia), Os Cochos (campos na Costa da Gándara, por detrás da Costeira), O Cocho Correa (hoxe desaparecido, preto das Campaceiras), O Cocho das Canas (leira no camiño da Galeota, no Porto), O Cocho do Monte Grande (nunha volta do camiño do Facho, na Gándara), O Cocho do Muíño (no Porto), que inclúe O Cocho do Muíño de Arriba e O Cocho do Muíño de Abaixo (son campos de labor onda o camiño da Galeo- ta, na estrema da parroquia). Coa forma do diminutivo hai en Abalde

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1