Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 76 de propietario Charrusco , posiblemente relacionado co verbo charrus- car (ou churruscar, churrascar ) ‘requeimar’. Chato A Casa do Chato é unha propiedade no camiño dos Barros, en Ba- bio. Constitúe outro exemplo de topónimo formado a partir dun sobre- nome de propietario, neste caso co adxectivo chato ‘de nariz pequeno ou pouco prominente’. Chavo, O É coñecido como O Chavo un campo de labradío situado ao final da rúa da Alza, estremando coa porción de monte do camiño dos Seixi- ños. O topónimo contén probablemente o substantivo castelán ochavo , nome dunha antiga moeda española de moi pouco valor que circulou desde o século XVII ata mediados do XIX . Esta moeda debe o seu nome ao feito de que en orixe valía unha oitava parte dunha onza. Descoñe- cemos a motivación exacta do emprego deste substantivo para deno- minar unhas terras; quizais se aplicou en sentido figurado para referirse ás pequenas dimensións da propiedade, á pouca renda que pagaba ou a algunha outra razón semellante, pois o chavo era unha moeda de exiguo valor. Debe de ser un topónimo relativamente recente, talvez de comezos do século XX , pois non consta no Catastro de Ensenada nin no Libro de afanegados de Beade . Chouso, O Chouso, chousa son o resultado galego do latín CLAUSUM , CLAUSAM , participio do verbo CLAUDERE ‘pechar, cerrar’. Na fala de moitas áreas de Galicia o feminino chousa segue a ser unha palabra de uso frecuente para designar unha propiedade, particularmente de monte, cercada ou pechada sobre si. En áreas do galego occidental, nos topónimos que conteñen estas formas pode chegar a impoñerse unha pronunciación Chouzo , por interpretar erradamente o S como efecto do seseo. É o que

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1