Toponimia do Val do Fragoso - Beade
T o p o n i m i a d e B e a d e 75 no monte de Beade). Nestes últimos o segundo elemento do composto é probablemente un nome ou un alcume de propietario. Formando parte de compostos, está presente tamén en Souto do Chan (véxase Souto) e outros topónimos formados a partir deste. Contén unha forma do plural castelanizada, Chanes , o topónimo a Fonte de Chanes , nome alternativo da Fonte do Regueiro para unha fonte situada no camiño denominado oficialmente na actualidade ca- miño de Alén (antigamente coñecido como camiño do Regueiro ), no lugar da Quinta, na Coutada. A casa e o terreo situados fronte á fonte reciben o nome da Casa de Chanes , e o regueiro que baixa seguindo o camiño de Alén, e que motivou a antiga denominación deste camiño, é coñecido así mesmo co nome alternativo do Rego de Chanes . Chanes é aquí un alcume familiar. Os informantes poden identificar o porta- dor dese alcume (avó da actual propietaria), mais descoñecen a razón do sobrenome. Semella unha castelanización de Chans , que acaso lle foi aplicado a alguén proveniente das Chans, na veciña parroquia de Bembrive. Chanes ▶ Chan Charomba, A de A de Charomba é o nome dunha propiedade edificada no cami- ño das Presiñas, en Babio. Charomba é un alcume ou un sobrenome, de xeito que estamos ante un exemplo máis dos moitos topónimos de propietario que responden ao esquema a + de + nome persoal . Desco- ñecemos a orixe e a motivación deste sobrenome. En Ourense foi céle- bre a comezos do século XX un individuo moi corpulento chamado así mesmo O Charomba , que traballaba transportando vultos na estación do tren e que foi incluído por Eduardo Blanco Amor como personaxe da súa novela Xente ao lonxe . Charrusco É coñecida como Casa Charrusco unha casa cos seus terreos na par- te máis alta da estrada dos Seixiños. O topónimo contén un sobrenome
Made with FlippingBook
RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1