Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 74 toponimia nin no léxico galegos. Dado que nos nomes das terras de labor da parroquia de Beade é frecuente o emprego dun feminino deri- vado do nome masculino do propietario, é verosímil que As Chabarras significase orixinariamente ‘As de Chabarro’, un sobrenome. Cabería a posibilidade de que fose unha alteración de chibarro ‘cabuxa, cabrito’, ‘certo peixe mariño’, xa que temos constancia do emprego deste zoó- nimo, derivado de chibo, chiba ‘cría da cabra’, como alcume en galego e en portugués. Non obstante, existe ou existiu en Aragón un apelido Chabarro, Chavarro , pois malia que non se rexistra na actual cartografía de apelidos españois do Instituto Nacional de Estatística (INE) ( http:// www.ine.es/ ), podemos atopalo na documentación do Arquivo His- tórico Nacional ofrecida polo Portal Pares ( http://pares.mcu.es/ ) ; por exemplo, un «Vicente Chabarro , carpintero, natural y vecino de Alca- ñiz (Teruel)», xulgado pola Inquisición de Zaragoza en 1781. Chan No galego occidental conflúen nun mesmo resultado chan as formas correspondentes ao latín PLANUM e mais PLANAM , de xeito que é o artigo o que permite saber se estamos ante un masculino O Chan ou un femi- nino A Chan (no galego estándar, Chá ). Ambas as formas designan na toponimia espazos caracterizados pola súa condición de chairas máis ou menos extensas. O masculino e o feminino teñen practicamente o mesmo significado, aínda que o feminino adoita empregarse para áreas planas situadas en monte ou en áreas de orografía moi irregular, en tan- to que o masculino ten un emprego moito máis xenérico. Na parroquia de Beade recollemos os seguintes exemplos: As Chans (área do monte de Beade, onde se volve máis chan; inclúe o parque forestal de Beade, o campo de fútbol e por debaixo deste), o Camiño das Chans (toma o seu nome do topónimo precedente; chega ata o parque forestal e sepa- ra as parroquias de Beade e de Bembrive, no barrio do Porto), A Chan (campo triangular que estrema co camiño do Coto, a rúa da Lagoa e o camiño do Facho e remata no chamado Carreiro do Coto), A Chan da Vella (terras situadas ao norte do camiño da Barreira), O Chan da Mer- la (área edificada que estrema co camiño dos Barros e o actualmente chamado camiño de Dimadeus), O Chan de Ferrán (área chan onda o camiño dos Barros e o Lugar da Tía Sabel) e O Chan do Pateiro (chaira

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1