Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 73 Cerdeiras, As As Cerdeiras é o nome dun pequeno campo de labradío no camiño da Galeota, a carón do denominado Cocho das Canas, no barrio do Porto. Parece facer referencia á presenza no lugar da árbore chamada cerdeira (do latín CERESARIA ), a árbore que dá cereixas. As cereixas cons- titúen un dos produtos característicos da parroquia de Beade. Con todo, o feito de rexistrarmos o apelido Cerdeira en Beade na documentación histórica relativa a propiedades localizadas no barrio do Porto obríga- nos a admitir a posibilidade de que o topónimo conteña un apelido de propietario. Cerqueiras, As Coñécense como As Cerqueiras un conxunto de campos de labradío con algunhas casas no barrio de Saa, a ambos os lados da rúa da Lagoa e estremando co camiño da Brea. O topónimo semella facer referencia á presenza ou á abundancia no lugar de exemplares da variedade de carballo chamada tamén cerqueiro ou cerquiño . O nome desta especie é un derivado do nome latino do carballo, QUERCUS . Na actualidade non hai vestixio de arboredo nesa zona, toda ela ocupada por campos cultivados ou ermos, polo que cautamente debemos admitir tamén a posibilidade, menos probable, de que o topónimo conteña un apelido de propietario ou un derivado de cerca ‘sebe, muro, valado’. Atopamos este topónimo no Catastro de Ensenada con variación de formas: «sitio da Cerqueira», «sitio de Cerqueiras». Se o topónimo actual é en efecto sobrevivencia dunha carballeira de cerquiños nun tempo do pasado máis ou menos remoto, a súa área chegaba ata o río de Eifonso, pois no Catastro de Ensenada, un veciño de Bueu era propietario dun muíño «en el sitio de Zerqueiras» na parroquia de Sárdoma. Chabarras, As A actual Rúa das Chabarras toma o seu nome dunhas propiedades próximas ao Camiño Real coñecidas co nome de As Chabarras . É un topónimo de aparencia opaca, pois non ten correspondencias nin na

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1