Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 72 (onda as anteriores), A Cachada de Arriba (terreos ao final do camiño do Covelo), A Cachada de Abaixo (terreos ao norte do anterior). Xa os rexistramos en 1752 no Catastro de Ensenada: «sitio da Cachada», «en la Cachada», «sitio da Cachada Nova», «en las Cachadas» etc. Co mesmo significado de cachada tamén ten certa presenza na topo- nimia a forma cacharela , que pode ser un derivado directo de cachar ou ben unha alteración do diminutivo cachadela , quizais por interferencia do común cacharela ‘fogueira’. Así e todo, nos Campos do Cacharelo (nas Longas, en Babio, preto da estrema con Matamá e o centro de saúde), o segundo elemento podería ser un alcume ou un sobrenome de propietario. Un terceiro termo equivalente a cavada e a cachada é vesada , parti- cipio do verbo vesar ‘arar’, procedente do latín VERSARE , ‘arar, remover a terra para cultivala’. En latín recibían o nome de versos os sucos parale- los trazados polo arado na terra, e por extensión ou en uso metafórico, este termo agrícola pasou a aplicarse ás liñas da escrita, especialmente na poesía, e de aí procede o significado habitual do substantivo verso . En galego recibe o nome de vesadoiro (< latín VERSATORIU ) unha especie de arado grande, destinado a romper monte nunca antes labrado. Unha vesada é, polo tanto, unha terra arada gañada ao monte para dedicala a cultivos. Está presente este nome en As Vesadas (terras de labor onda o camiño das Castiñeiras, en Saa) e outras As Vesadas (campos de la- bradío na estrada do Porto, ao final do camiño das Cañoteiras). No Catastro de Ensenada rexistramos estes topónimos e outros semellantes: «sitio das Vesadas», «sitio de Besadas», «deVesadas», «en la Besadiña», «situacion das Vesadas», «sitio de Besadas», «sitio das Vesadas», «da Vesadiña» etc. Se os topónimos precedentes se explican polo significado orixinario de verso ‘suco ou sulco que abre o arado na terra’, os derivados destes sinónimos ( suco, sulco ) tamén deixan pegada na toponimia co mesmo significado. En Beade temos un exemplo en As Asucadas , nome dunhas terras de labor próximas a Dornelas. Igual que acontece con outros topónimos que en orixe tiñan forma singular e na actualidade se em- pregan en plural, este tamén figura en singular no século XVIII , cunha vacilación nas grafías que amosa que daquela xa non era unha palabra transparente: «sitio de Azucada», «da Sucada», «tierra en el sitio da Azucada», «Axucada» etc.

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1