Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a d e B e a d e 71 latino Cástor (polo nome dos personaxes mitolóxicos Cástor e Pólux , os xémeos do zodíaco), a forma tradicional galega (e tamén castelá) deste nome persoal é aguda ou oxítona, co acento na sílaba final, pois pro- cede do acusativo latino CASTOREM . Está presente no nome da fonte cha- mada a Fonte de Castor , no camiño da Barreira, na Gándara. Segundo os informantes, trátase dun topónimo recente, pois antes era coñecida como a Fonte Nova . Catro Camiños ▶ Camiño / Cruz, Cruceiro Cavada, Cachada, Vesada, Asucada Estas formas e outras de significado equivalente ( rotea ou arrotea, anovado etc.) están presentes en topónimos que foron aplicados no pa- sado a terras gañadas ao monte para destinalas a labores agrícolas, es- pecialmente nos séculos XVII e XVIII , cando os novos produtos chegados de América (primeiro o millo, logo a pataca) alteraron sensiblemente a agricultura e a paisaxe. Os derivados do verbo cavar (< do latín CAVARE ) son habitualmente formas femininas do participio. Repítense en Beade en A Cavada (terras de labor onda o río das Freixas, próximas á estrema coa parroquia de Sárdoma), A Cavada (terras na rúa do Lombeiro, na Pena), Rúa da Cava- da (vía pública na estrada de Abalde á Pouleira), Camiño da Cavadiña (vía pública no mesmo lugar), As Cavadiñas (terras de labor no camiño do Cu daViña). Estes e outros topónimos semellantes atopámolos docu- mentados no século XVIII no Catastro de Ensenada para Beade: «una de- hesa (...) en la Cavadiña», «sitio de la Cavadiña», «sitio da Cavadiña», «en la Cavada», «donde dicen Cavada Vella», «en la Cavada Bella», «sitio da Cavada»… Un sinónimo de cavada é cachada , substantivo procedente do par- ticipio do verbo cachar , derivado de cacho ‘fragmento, pedazo’ (< latín * CACCULU ). Na acepción presente na toponimia, cachar significa ‘britar, romper monte, amansar terras bravas’, e designa igualmente terras incultas ou de arboredo que foron aradas para o cultivo. Temos en Beade os seguintes topónimos que conteñen estes substantivos: A Cachada (área de monte na parte alta da estrada dos Seixiños), As Cachadas de Arriba (na parte alta da precedente), Rego da Cachada

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1