Toponimia do Val do Fragoso - Beade

T o p o n i m i a D O V A L D E F R A G O S O : B E A D E 70 Na toponimia estes nomes fan referencia á presenza desas árbores no lugar. Antes da difusión do cultivo da pataca, chegado de América, ata a segunda metade do século XVIII as castañas eran un elemento bási- co da alimentación do pobo galego. En Beade tamén constituían unha das principais producións agrícolas da parroquia, como observamos no Catastro de Ensenada, que rexistra o número exacto de exemplares produtivos de cada souto: «en terreno avierto del lugar da Gandra vein- te y quatro castaños» «en el monte baldío que se nombra Porto Lourei- ro honze castaños». Ademais dos que conteñen o substantivo souto (véxase), os seguintes topónimos son testemuña da antiga abundancia de castiñeiros en Beade: A Castiñeira (campos de labradío no Coto, Abalde, entre o camiño das Pedras e o camiño da Garula); A Castiñeira (terras e casa no camiño do Romeu, no Carballo do Pazo); A Castiñeira (campos arredor do camiño das Castiñeiras, no Porto, á beira do parque tecnolóxico); Camiño da Castiñeira (carreiro que une a estrada da Ven- da co camiño do Ramón dos Pinos, no Carballo do Pazo); As Castiñei- ras (campos de labradío onda o camiño das Castiñeiras e a Cortiña de Saa); Camiño das Castiñeiras (no barrio do Porto); Fonte das Castiñeiras (no Carballo do Pazo); Camiño do Castiñeiro (no Carballo do Pazo) e Os Castiñeiros (campos de labradío no Carballo do Pazo, entre o cami- ño do Castiñeiro e a rúa de Ramiro Pascual). Tamén fai referencia á presenza de castiñeiros o derivado colecti- vo mediante o sufixo -al (< latín - ALE ), castañal . Témolo nos nomes do Camiño do Castañal (na Pena), O Castañal (terras arredor do camiño do Castañal) e da Rúa do Castañal (no rótulo «Rúa Castañal», desde a estrada do Porto ata a estrada dos Seixiños). Segundo os informantes locais, tamén fai referencia a un castiñeiro que había no lugar o nome da zona coñecida como O Castaño , un recanto de casas que estrema co camiño do Frascuelo e coa rúa de Ra- miro Pascual, no Carballo do Pazo. Engaden que no pasado a parroquia de Beade celebraba nese lugar do Castaño unha festa tradicional en honor de Santa Ana. Castor Castor é un nome persoal masculino. Aínda que tamén se escoita este nome con acento na primeira sílaba, por imitación do nominativo

RkJQdWJsaXNoZXIy NzcwNTQ1